vendredi 28 octobre 2016

O DESPREZO DE UMBRAL E O RECENDO VARONIL

O MARTES parei comprar xabón de mans Magno Classic antes de ir ao xornal. Empecei a usar ese xabón cando tiña 19 anos e estudaba en Santiago. A miña habitación no hostal estaba pegada á de Raúl. Cando cheguei á redacción souben que a editorial Nocturna me enviara La península (1970), de Julien Gracq. É unha novela fascinante polo levísimo da súa trama e o interesante da lectura. Todo o que acontece é que un home conduce ata unha estación de tren para buscar ao seu amor. Ela non aparece. El marcha percorrer Bretaña.O mércores... [Lire la suite]

dimanche 14 février 2016

OS NOSOS ESCRITORES COÑECEN OUTRAS GASTRONOMÍAS

ÉRASE UNHA VEZ un país moi lonxano no que un rei coordenaba a actividade parlamentaria ante a incapacidade dos partidos para formar goberno... Bah! Ese conto non me gusta. Voulles contar outro. Unha noite de néboa camiñaba por Santiago. Para ver Eyes wide shut nun cinema tivera que desprazarme dende Lugo á capital. Cruzaba Praterías en dirección ao aparcadoiro, cando se me atravesou unha figura alta vestida de negro, cun sombreiro milanés do século XVIII e a cara escondida por unha máscara de antroido veneciano tan cursi como todas... [Lire la suite]
vendredi 15 août 2014

O CORAZÓN SUCIO

Un motorista matouse na Nacional VI a media tarde. Tiña tres anos menos ca min. As mortes de persoas máis novas estarrécenme como se a vida dun descoñecido e máis a miña debesen estar compensadas. Saín de traballar contra a medianoite. No canto de regresar á casa, como adoito, sentinme desacougado polo motorista e marchei ás Termas, un centro comercial dende onde se ve Lugo como se fose un chalet que deseñaba o arquitecto John Lautner nas alturas de Los Ángeles. Pensei en mirar unha película, calquera película frívola que falase de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,