samedi 3 mars 2018

SOLDADOS DO AMOR, MARIÑOS DE BROMURO

ANÍBAL MALVAR soaba pesaroso ao outro lado do teléfono. Chamárao para informar sobre o secuestro de Fariña (Libros del KO) de Nacho Carretero. Toda a miña empatía, Nacho. Aníbal escribiu novelas negras nas que era o protagonista: facía de canalla —variante lírica do macarra— que convida a unha loira platino a cear espaguetes con Jack Daniel’s sen destilar mentres fuman rubio de contrabando. Aníbal fala guionizado, como James Cagney: «Píllasme fóra de circuíto, Jaure; os meus amigos narcos están no cárcere, cobrando a non... [Lire la suite]

vendredi 9 juin 2017

AS OVELLAS BRANCAS E NEGRAS DE EPIMÉNIDES

AS INSTITUCIÓNS con máis secretos non son axencias de espionaxe, son os matrimonios. A miña muller non sospeita o que curioseo no móbil cando nos deitamos. Fago un escorzo para que non vexa a pantalla. A flor do meu secreto, que diría cursimente Almodóvar, é a Biblioteca Estatal de Baviera. Adoito entrar cada noite na súa web; sobre todo, para contemplar libros incunables. Reúne a mellor colección do mundo. Algunhas primeiras edicións son soberbias. As poucas primeiras edicións que atesouro na casa son libros de Galaxia.... [Lire la suite]
samedi 14 mars 2015

AS CONFERENCIAS INÚTILES SOBRE AS CONFERENCIAS INÚTILES

NON DABA CRÉDITO cando o lin. Pensei que era unha broma dos de Tempos Galegos iso do ciclo de debates Cara a onde. A tranformación cultural desde a literatura, que desenvolve no CGAC. A relacién entre o investido en cultura e o rendimento eu encargaría analizala a algún experto en economía, e non exactamente a Suso de Toro, Bernardo Atxaga, Carmen Riera ou Bradley Epps. É dicir non partiría «dende a literatura» para estudar o rendemento dun gasto. O propio subtítulo leva o adverbio dende, que se pode usar para un lugar de... [Lire la suite]
samedi 22 novembre 2014

O PRESTIXIO REMOTO DOS OSOS POLARES

(Texto escrito para a mesa redonda do Simposio O libro e a lectura nos medios da Asociación Galega de Editores do 20 de novembro de 2014. Participaron Carme Vidal e Xesús Fraga, moderou Manuel Bragado) Hai uns días atopei en Twitter unha fotografía de 1950. Mirábase un escuro tanque ruso no medio dunha paisaxe pálida de xeo. Un soldado ruso sacaba medio corpo pola torreta e daba de comer a dous osos polares brancos. No pé de foto informaba de que era leite condensado. Todos queremos que siga habendo osos polares e que alguén alleo... [Lire la suite]
lundi 8 septembre 2014

A RENTRIÑA, UN COMBATE A DOCE ASALTOS

  Antón Porto anuncioume que aquela noite de sábado vería algo «fascinante». Levaba dous días en Berlín coa mente aberta, a boca aberta e a porta do hotel aberta por todo o «fascinante» que xa me amosara o meu anfitrión, daquela lector de galego na Freie Unibersität. Antón conduciume a un pub tan sofisticado, cheo de bebedores e anodino, coma un pub sofisticado, suado e anodino de Bos Aires ou de Ribadeo. Eu non percibía o «fascinante». Sentía o desencanto.De súpeto, o público abriu un círculo no centro do local e xrudiron... [Lire la suite]
lundi 16 juin 2014

DESPOIS DOS ROÁS E OS CURRÁS

Compostela é un invento xenial de Afonso II O Casto, Diego de Xelmírez, Manuel Fraga e Xerardo Estévez. Sánchez Bugallo non pasou de ser un bo mantedor antes de entregar as chaves da cidade, por imperativo legal, a roás e currás. O declive da nosa cidade máis importante pode verse refreado agora coa designación de Agustín Hernández. Feijoo perder un dos seus conselleiros máis capacitados; libérase dun aspirante secreto ao seu posto e, posiblemente gaña un alcalde que devolve a sensatez e a discrección ao Pazo de Raxoi. As... [Lire la suite]
dimanche 1 juin 2014

O DEPORTE MÁIS NOBRE AO AIRE LIBRE

O MEU TÍO JUAN, que era carlista-leninista, marchou convencido á División Azul. Descansaba do sobreesforzo da Guerra Civil no cuartel do Conde Duque, en Madrid. Fartara de atopar espidos e mortos —que diría Mailer— como todos os demais, pero o seu ánimo ergueuse porque quedaban tres inimigos a combater a fusilazos: o marxismo, o ateísmo e a evasión de ouro a Moscú.Cicerón matiza que «as guerras nas que se loita pola supremacía do Imperio» son xustas, «pero nas que se loita pola gloria debe combaterse con menos dureza».... [Lire la suite]
mardi 13 décembre 2011

AGUR, CULTURA GALEGA

A palabra 'agur' en euskara utilízase tanto para saudar como para despedirse. Culturgal convidoume o pasado xuño a participar na Feira do Libro e o Disco Vasco de Durango. Escoitara falar ducias de veces aos meus tíos sobre ela. Eles acuden todos os anos, este tamén foron. Durango acolleu aos meus avós maternos, peneuvistas de lei, cando os fascistas lles perdoaron a vida, pero non os traballos. O Azoka dedicábase este ano á cultura galega. Non podía ser máis feliz: podería dicir agur ao meu país natal formando parte da representación... [Lire la suite]
lundi 14 novembre 2011

ONDE SE METERON OS NOVOS ESCRITORES GALEGOS?

SUSO DE TORO ten morriña de si mesmo hai 25 anos. Co gallo da feliz exhumación de ‘Polaroid’ (Xerais) polo seu cuarto de século recoñeceu que sinte «envexa daquel autor que o escribiu, nunca terei a graza que el tiña». A sentenza é parricidamente certa. Tampouco é que se lle pida outra cousa porque o compostelán agrandou tanto o perfil que nunca se moverá tan lizgairo. O mesmo que lle acontece a Manuel Rivas. Un clásico, obviatemente. Como consecuencia nunca máis leremos a frescura do mariñeiro contando que no barco «había un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:45 - Commentaires [4] - Permalien [#]
Tags : , ,