vendredi 15 décembre 2017

MURGUÍA CAVA A TUMBA DE ROSALÍA

  FOI UNHA DESAS decisións que, se non se toman de súpeto, logo morren. Hai 60 ou 70 anos, non se sabe concretamente. Varios veciños da Terra Chá, a grande chaira ao norte do Ducado de Lugo, estaban nunha desas tabernas na que se citan o día e a noite. Alguén con pelo crespo e ollada sideral, sentado so nunha mesa do fondo, queixouse da distancia que debía percorrer para volver á casa. Outro, acobadado na barra, rañou na cicatriz que lle deixara un xabarín inesperado antes de darlle a razón. Todos repararon, como se fose unha... [Lire la suite]

samedi 9 décembre 2017

O CHÉ É UN DESEÑO DE KORDA PARA AMANCIO

(Artigo para El Progreso) NON SE DEBE pasear a destempo. A arte de deambular estableceuna James Joyce no Ulises. Xerardo Quintiá confesoume o domingo pasado que nomeou Joyce ao seu can porque el lle «marca o ritmo para andar». O mércores saín da casa demasiado cedo. Fun parar á Milagrosa. Quixen curiosear na igrexa, pero aínda estaba pechada. Coeime por unha porta lateral. Non dera dous pasos cando unha señora con idade, roupa e disposición de beata se me achegou cun cirio enfundado nun plástico vermello. Sinaloume outro que... [Lire la suite]
samedi 2 décembre 2017

AS PALABRAS SAGRADAS ASCENDEN AO CEO

O PASEO do sábado pola cidade amada parei diante dunha libraría. Hai unha nova libraría en Lugo, como hai dúas novas galerías de arte. Paréceme sentir que o xeo da cultura empeza a cruxir e abrirse nas montañas, e manar polos mil ríos do país. A libraría ocupa o local dunha mercería. O señor que a atendía vestía unha camisa rosa, un xersei sobre os ombros e unha educación saxona en calquera circunstancia climática.      Os escaparates de Lectocosmos son altos como a Porta de Ishtar pola que entraba... [Lire la suite]
jeudi 23 novembre 2017

DESCREIMENTO, AMBICIÓN E ESTÓMAGO

Rosalía foi unha escritora excepcional, a segunda mellor dos nosos. Eu prefiro a Cunqueiro pola súa potencia para recrear o imposible e facer manar a lingua no deserto do real. Este debate entre os dous autores non existe, seino. Nin vai existir porque na comparación sobre a valía literaria primaría a valía moral. E, nese campo nocturno e incerto, vence a triste padronesa. O filósofo alemán Sloterdijk asegura que, dende Descartes, o debate racional está dominado pola técnica. Discrepo. O debate racional é unha falacia ética. Se... [Lire la suite]
vendredi 17 novembre 2017

UN PARAUGAS DE LOITO CHAMADO RAMÓN

TEÑO A INCONSCIENCIA de andar sempre con menos roupa enriba da que preciso. Son perito en mendigar o sol, en camiñar buscando a súa calor dourada. Nunca cubro itinerarios racionais, senón que vou virando e desembocando por unhas rúas ou outras en función do sombrizas que sexan. Os meus itinerarios nunca son lóxicos. Dende que lin a Michael Oakeshott asumo que ese prestixio co que brilla o racionalismo dende a alba de gloria que foi o Renacemento debe ser cuestionado. Oakeshott apostaba pola tradición, polo coñecido. A calor... [Lire la suite]
jeudi 9 novembre 2017

PAXE DE PRINCESA E CRONISTA D O REINO

A ÚNICA VIDA  QUE non me interesa é a miña. Por iso, dedico o ocio a asomarme ás vidas alleas. Entrei nun hotel de cinco estrelas, en Santiago, para observar rentistas e herdedeiros que se pagan ese luxo un martes pola tarde. Sentei na cafetería de dous euros o café, nada fóra das tarifas medias da Unión Europea. De súpeto, aparecéuseme en carne mortal Jose Aldea, o home que fai todo en Galicia: mantén a discográfica sarriá Ouvirmos, dirixe o Cultugal, promove a actividade do Teatro Colón da Coruña e seica que agora tamén... [Lire la suite]

samedi 28 octobre 2017

MARTÍN CÓDAX, ANTECECENTE DOS BEACH BOYS

O DOMINGO pasado volveu ser San Xoán, un San Xoán impostado. Pasei polo xardín, aberto en fendas secas, para ir comprar o pan onde sempre, na tenda de Recatelo. Cheiraba a fume. Cando era neno, a unha semana de San Xoán, visitaba unha funeraria da miña vila, Ribadeo. Acudía a ese ámbito tenebroso co desexo de que Alfredo Pena me contratase para a fogueira que asentaba xunto ao bar de Modesto. O taberneiro quedara coxo dun balazo leninista no Ebro, pero nunca derramou unha pinga de viño ao levar os vasos ás mesas. Alfredo, a... [Lire la suite]
samedi 28 octobre 2017

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS

A MIÑA NAI chámase Itziar, pero un funcionario dos anos 30 cunha ringleira de formigas camiñándolle sobre a boca dedidiu que Itziar non era un nome, era un ladrido vasco. O señor gris perla improvisou un bautismo civil e secreto, como se ela fose criptoxudea. Puxo María Jesús na partida de nacimiento e esmagoulle o selo da aguia coa cabeza virada. Ignoro o nome que figuraba no carnet de identidade de Francisco Umbral, que se chamaba, de nome burocrático, Francisco Alejandro Pérez; pero a miña nai optou por Itziar como... [Lire la suite]
vendredi 13 octobre 2017

O PAÍS HABITADO POR VIXILANTES DA PRAIA

UN DÍA CALQUERA desta semana recibín unha chamada dun xurado literario. Sentín o meu peito incharse coma un globo que se perde no azul televisivo deste ceo outonal.O representante dos conspicuos e reflexivos concesores do galardón non me anunciou que ingresarían unha alegría na conta bancaria. Eu participara no certame para que se me consentise unha viaxe a Creta, aínda que a Creta que quero coñecer é a da novela Zorba el griego (Acantilado) e non a actual. Máis ben, non quero descubrir Creta cunha visión lixeira e ocasional dun... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
jeudi 5 octobre 2017

MULLERES E HOMES, E VICEVERSA

"HAI QUE SALVAR a Rilke", escribiu a princesa Maria von Thurn und Taxis no seus diarios (Alianza) en 1916, décadas antes de que Spielberg copiase a frase para salvar o soldado Ryan. A nobre eximiu o poeta da obriga de marchar co exército austrohúngaro para abatir inimigos rusos, segundo conta Adam Zagajewski en Releer a Rilke (Acantilado). Logrou que destinasen ao poeta ao monótono e seguro Arquivo da Guerra de Viena. A princesa admiraba a Rainer Maria Rilke, pero non se resistía a dirixirlle cartas chamándoo Doutor... [Lire la suite]