samedi 6 mai 2017

UN MARUJA MALLO NO DORMITORIO DE ALMODÓVAR

  RAY LORIGA TEN unha excelente ubicación ou unha creatividade excelente. Manuel Jabois entrevístao co gallo de ganar un deses premios de novela que requiren máis ubicación que creatividade. O escritor dedica boa parte da entrevista a presumir de ubicación ou talvez a exhibir creatividade. De novo, traballaba nunha tenda de roupa de Madrid pola que unha vez apareceu un afroamericano enxoito entre dous negros de físico poderoso. Era, por suposto, Miles Davis e deixou millón e medio de pesetas na caixa. A entrevista avanza entre... [Lire la suite]

samedi 15 avril 2017

DISPAROS VESPERTINOS CONTRA A LÚA CRECENTE

A PRIMEIRA VEZ que che morre un amigo sabes que é unha casualidade macabra. A segunda vez, comprendes que a vida é conducir por unha estrada na que se che cruzará unha árbore cando menos o esperes. Pero cando se encadean a terceira, a cuarta e a quinta ocasións asumes que o único seguro é palparte corazón a cada espertar. O sábado pasado Xosé Luís Sucasas apagouse sobre a súa bicicleta. Sucasas era o escritor de Lalín que me facía rir cada mañá no Facebook co seu humor irrespectuoso. Este ano natural morréronme Sucasas e outros... [Lire la suite]
samedi 8 avril 2017

A REAL ACADEMIA GALEGA NON É UNHA LENDA URBANA

      O MÉRCORES comprendín a falta de entradas para os concertos de Sés. Admiro a condición da cantante bergantiñá pola súa apertura panóptica cara ás músicas populares —da milonga ao rock—; admiro a voz ampla de rexistros e o poderío no seu manexo, e admiro a boa disposición das súas letras. Pero ata o mércores non a escoitara en directo. Foi no bonito e incómodo Teatro Principal de Santiago. Asistín á interpretación de Sés un pouco corcorvado, nunha postura que axuda a compensar a ameaza de xordeira e a... [Lire la suite]
mercredi 29 mars 2017

O TRONO DA RAG E A POLONIA DE UBÚ REI

O MÁXIMO EXPERTO en Ubú Rei do país é un pintor lucense. Quique Bordell ama ese humor axitado e inane que ataca ao poder. Unha mañá, no seu estudo —un museo do surrealismo— Quique preguntoume se leo en francés e logo regaloume un exemplar da obra teatral que Alfred Jarry estreou en 1896. Non contextualizou o agasallo con explicacións. Retoume tacitamente a compartir a súa capacidade para a retranca ou a sentirme estúpido. Ubú, xa sabe, é un soldado que derroca ao rei de Polonia e convértese nun Tirano Banderas. Rocío Cortés... [Lire la suite]
vendredi 24 mars 2017

O RAPAZ QUE PERDEU A COR POLA SOEDADE

    A ACROBACIA de Haruki Murakami como escritor consiste en dar un pinchacarneiro de costas e acertar a caer nese punto do mapa literario equidistante entre o popular e o intelectual, entre o emocional e o afectado, entre o fantasioso e o crible. Calquera ten unha opinión sobre o autor xaponés; rexeitadora ou devota, pero tallante. Hai páxinas web pro e anti Murakami en tal cantidade que é o escritor cun maior aparato crítico producido por lectores viandantes de modo espontáneo.Unhas semanas atrás falei sobre Murakami... [Lire la suite]
jeudi 23 mars 2017

A VIDA, ESE ASUNTO DAS CLASES MEDIAS

A MIÑA CASA quedou desolada a fin de semana pasada. Marcharon todos. Tiven que ser valente para afrontar a crise. Quitei La Cocotte, unha pota de ferro inventada en París, como Notre Dame ou os corchos do champán Moët et Chandon. Cociñei lentilles à cinq legumes, que son unhas vulgares lentellas con cinco verduras, nomeadas con elegancia. Mentres cociñaba, servinme Moët; o abandono alíviase mellor cunha bebida de luxo. Na cociña soaban o chop chop da pota e as canzoni de Piero Ciampi en versión de Bobo Rondelli, que soan... [Lire la suite]

samedi 18 mars 2017

IBUPROFENO, CALDO DE GALIÑA E 'GUERRA E PAZ'

  Os tres mellores remedios contra a enfermidade son unha caixa de ibuprofeno, galiña para caldo e un exemplar de ‘Guerra e paz’. O xoves perdín a guerra bactereolóxica coa vida. Houben de encamarme, pero non tiña a lucidez necesaria para escribir Na busca do tempo perdido, como Proust; senón máis ben unha actitude indolente e desmotivada de Onetti. Diante da falta de alento para acometer unha proeza proustiana, tomei ibuprofeno, cociñei un caldo e collín un exemplar de War and peace. O libro era unha versión en inglés... [Lire la suite]
samedi 4 mars 2017

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES

ANDRÉ GIDE viaxou polo Magreb en 1896. Organizara unha viaxe de vodas —ese rito atávico— tras casar coa súa curmá Madeleine. Casou sen ganas, porque llo enconmendara a nai como derradeira vontade. En Túnez métese nun «café escuro, ao que non ían máis que altísimos negros do Sudán. Algúns tiñan un dedo do pé cortado como símbolo da súa submisión». Explica Gide que eses escravos sudaneses que tanto o atraen eran devotos dos perfumes. Colgan dos turbantes uns ramallos de xazmín oloroso que dan «ao seu semblante a expresión dunha... [Lire la suite]
samedi 25 février 2017

PARA LER DIARIOS NON NECESITO CONDUCIR

Aproveitei que o luns a miña casa estaba desolada para cometer un exceso: cear sardiñas con tomate. Como os meus non aturan o cheiro das xoubas, espero a quedar so para compralas e fritilas coa exaltación de todo acto clandestino. Deixo que as sardiñas se queimen un chisco porque me encanta ese sabor torrado, aínda que teña que suavizalo cunha ensalada de tomate. Cando ceo xoubas cumpro a profecía de que non darei durmido en toda a noite: o estómago non parará de retorcerse como se o Demo me bailase sobre as tripas, pero as miñas... [Lire la suite]
vendredi 17 février 2017

A FROITA NON SE VENDE EN CAIXAS DE MEDICAMENTOS

  NOS ANOS SESENTA o meu pai cometía a insensatez de apañar percebes nas mareas vivas de setembro. Aínda lembro o salitre tentador e o temor de velo desaparecer entre as rochas de Esteiro. Soxuzgaba a súa vida á ditadura das ondas altas. Coller percebes no medio do perigo era a súa rebelión contra a rutina. Xa na mesa, trataba de concienciarnos como os últimos exemplares dunha especie que se extinguiría coa década dos 70: o homo degustador de comida. «En el futuro, os alimentaréis con píldoras de colores que no sabrán a... [Lire la suite]