samedi 24 décembre 2016

A ÚLTIMA PALABRA SERÁ MAIONESA

  O xoves dei un paseo con tanta folgura que rematei nun cine. Deambulei por volta de hora e media. A andaina foi longa, non porque Lugo se teña convertido nunha cidade extensa, senón que lle fixen un circunloquio. Agora ninguén deambula, nin sequera camiña. Non, botan unha carreiriña de can dende o coche aparcado con luces intermitentes ou póñense roupas fuorescentes para correr como se fosen árbores de Nadal móbiles. Eu adoito deambular cada día. Axúdame a coñecer a cidade e a xente. Nunca volverei mirar unha rúa como... [Lire la suite]

vendredi 16 décembre 2016

UNHA CARTA DESATENDIDA CONTRA A PARSIMONIA DOS REIS MAGOS

Os ordenadores están estragando a miña letra. Cando era mozo, escribía cartas con pulso de prateiro a rapazas que me lían lonxe, baixo as farolas de grandes avenidas. Daquela versioneaba libremente a Mallarmé: «Desolado por crueis esperanzas, acredito aínda no supremo adeus das bágoas». Agora escribo unha carta ao ano con letra urxente e incerta. Apelo a Papa Nöel para pedirlle un agasallo de Nadal. Dende neno fun dos tres monarcas orientais, pero reneguei de séculos de catolicismo antiluterano porque Santa Claus non ten a... [Lire la suite]
mercredi 7 décembre 2016

MASCOTE NON É UNA PALABRA XAPONESA

  GÚSTAME acompasarme coa luz do día. No verán debo madrugar para gozala ao amencer; pero agora, na invernía lúgrube, podo xirar sobre min mesmo na cama como se fose un polo que asa a lume lento. Erguerme cedo dáme tempo para ler. O xoves, por exemplo, gocei dun cómic-disco de Berlai mentres fervía o café. Ese acougo prepárame para o tempo inevitable e pesado de exprimir zumes de laranxa como se fose o cociñeiro dun exército invasor. Menos mal que os Rolling Stones quitaron disco, Blues & Lonesome e puiden poñelo no... [Lire la suite]
jeudi 1 décembre 2016

O LEVE MOVEMENTO DAS MONTAÑAS

A MADRUGADA do luns espertei sorrindo. Sorrir é unha expresión de felicidade demasiado importante para malgastala con alegrías débiles ou monerías de gatos no Facebook. Por iso nunca sorrío antes de tomar un café matutino, amargo e solitario. Pero un sorriso aberto por un soño é incontrolable. O luns espertei ás catro da mañá. Sabía a hora pola inclinación da luz que emiten as farolas da rúa Galicia e que me entra no salón. Estaba soñando que era Jay Gatsby e observaba unha chispeante festa que organizara. Sentía o pracer de... [Lire la suite]
samedi 26 novembre 2016

TI QUERES ISTO MÁIS ESCURO

  A superlúa foi unha megadecepción. Os únicos espectáculos irrepetibles son os naturais, por iso os valoro tanto. A seguinte superlúa brillará en 2034, seica. Non sei se estarei vivo daquela; nin sequera se terei ganas de estalo. Leo a Emile Cioran, o pensador romanés que naceu no Imperio Austrohúngaro, en Adiós a la filosofía (Alianza, 2016): «O feito de que a vida non teña sentido é un motivo abondo para vivir». Outro motivo pode ser mirar a superlúa de 2034 e acordarme da superlúa do pasado luns. Asomei á noite pola ventá... [Lire la suite]
vendredi 18 novembre 2016

OS HOSPITAIS SON DE BRANCO ROTO

Esta semana pareceume longa de máis. Cabalgou nerviosa da noite do martes á madrugada do mércores. Botei esas horas negras paseando polos corredores brillantes do hospital de Lugo, que é grande coma un imperio e que se despraza solemne na escuridade coma a nave espacial de Star Treck. Eu era o zar de todas as Rusias naquela soedade branca, paseando de norte a sur —e volta de sur a norte— nun camiño de trescentos metros que acabo sendo unha ruta cotiá e querida. Mentres esperaba noticias privadas agarraba no peto unha radio... [Lire la suite]

vendredi 11 novembre 2016

UN CERVO CON CATORCE CORNOS

    O DIRECTOR Stephen Frears fixo un telefilme soberanamente digno en La reina (2006), esa cinta sobre a reacción de Sabela II á morte de Lady Diana en Hospital de la Pitié Salpêtrière, de París, en 1997. Na noite pasada atopeina en Netflix, polo que me dediquei a ver ese relato sobre unha muller que vive dende hai medio século nunha cápsula pechada e indemne ao paso do tempo que viaxa dende Buckingham Palace a Balmoral. A raíña vive nunha realidade de normas, ritos e inclinacións de cabeza que Diana de Gales veu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , , ,
vendredi 28 octobre 2016

O DESPREZO DE UMBRAL E O RECENDO VARONIL

O MARTES parei comprar xabón de mans Magno Classic antes de ir ao xornal. Empecei a usar ese xabón cando tiña 19 anos e estudaba en Santiago. A miña habitación no hostal estaba pegada á de Raúl. Cando cheguei á redacción souben que a editorial Nocturna me enviara La península (1970), de Julien Gracq. É unha novela fascinante polo levísimo da súa trama e o interesante da lectura. Todo o que acontece é que un home conduce ata unha estación de tren para buscar ao seu amor. Ela non aparece. El marcha percorrer Bretaña.O mércores... [Lire la suite]
jeudi 27 octobre 2016

O FRAC QUE LLE ROUBARON AO SUICIDA

Tiven un Luns Negro. Rodeáronme caras de espanto. Compañeiros e amigos preguntábanse sen recato cómo ousara opinar contra o Nobel a Bob Dylan. O escritor Franz Werfel asegura que «ás veces vai ben causar indignación, pero hai que pensar a quen».Na véspera souben que se concedera o Premio Mondoñedo 10 á mellor novela galega da década a Os libros arden mal, de Manuel Rivas. Ese libro pode ser un exercicio de notable narrativa coruñesa e unha xeira minuciosa de reconstrución histórica local, pero esvaécese ao quitalo do ámbito da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,
samedi 22 octobre 2016

O SENTIDO NO QUE SE CORTAN AS UNLLAS DOS PÉS

ANDO ESTES DÍAS preocupado co sentido no que se cortan as unllas dos pés. Eu córtoas empezado pola deda meiniña do pé dereito e vou avanzando cara ao oeste ata chegar á menor deda esquerda. Pero teño dúas peculiaridades: son zurdo e, sobre todo, zurdo contrariado. Nacín segundo acababa o Concilio Vaticano II, en 1965, e estiven no colexio das monxas de Ribadeo ata 1979, ata ben chorada a morte de Franco. As monxas estaban atrapadas entre esas dúas forzas centrígufas: o progresismo de Jesucristo Superstar e o conservadurismo do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,