samedi 24 septembre 2016

O CONDE E AS PERNAS DE MARLENE DIETRICH

  O CONDE Shascha Koowrat sabía que ía morrer en días, probablemente en horas. Soamente tiña 42 anos. Fóra —Viena, 1927— chovía. Mandou ao seu chófer que collese un dos coches que el mesmo fabricaba —o Austro Daimler Sascha co que gañara a Suba do RiederBerg cinco anos antes— e fose buscar a Marlene Dietrich. Aquela noite de decembro era ben desagradable, pero a actriz accedeu porque o nobre lle dera a primeira oportunidade nos seus estudos, Sascha Films. Entrou no dormitorio do moribundo. Sascha, con voz apagada... [Lire la suite]

samedi 17 septembre 2016

A NOITE NA QUE MIREI CUARTO MILENIO

SI, ESTIVEN vendo Cuarto milenio, o programa televisivo de Iker Jiménez. Foi o domingo. Boto a culpa a que saíra canso de traballar, sen dúbida pesoume ao aire da noite, que estaba denso pola calor. Axudou a rabuñadura da soedade. Tampouco teño unha conciencia clara de que deba de darlle a vostede todas estas explicacións por asomarme a un espazo que ten moitos espectadores, que mesmo hai persoas que sintonizan. Ao cabo, soamente foron quince minutos mal contados; tal vez, vinte. Non mirei o reloxo, pero podo asegurar que non seguín... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
samedi 10 septembre 2016

O CAMIÓN DO LIXO CONTRA O DEMO

  O DOMINGO PASADO estiven mirando Melancholia. Na película de Lars Von Trier celébrase unha voda sofisticada ao tempo que un planeta, Melancholia, se achega para estrelarse contra a Terra. Os anfitrións saben que o mundo será destruído, que morrerán. A noiva padece unha depresión. Esa angustia aumenta o grado de aceptación da desgraza e faina mansa fronte ao terror. Un filme tan triste non é axeitado para a Noitevella do Verán. Ata ese día, o 31 de agosto, Lugo semellou unha cidade que abandonaran os seus habitantes... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:03 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,
lundi 25 juillet 2016

A NECESIDADE DE CASAR PARA GOZAR O DIVORCIO

O MES PASADO apareceu o terceiro coche más importante da historia do cinema, xunto co Aston Martin que conduce Sean Connery en Goldfinger e o Porsche 550 Spider no que James Dean evitou frear a tempo. Refírome ao Triumph Tr3 negro no que Marcello Mastroianni atravesa en La dolce vita a noite feliz que era Roma no ano 1960.Un coleccionista italiano andaba na busca dese modelo e atopouno en internet. Investigando, soubo que o automóbil fora mercado en 1959 pola produtora de Fellini. Soamente o despistaba a cor: o bárbaro do... [Lire la suite]
dimanche 24 juillet 2016

SABER COMO EMPEZA O DÍA E COMO SIGUE

  CADA VEZ que visito Berlín síntome coma Franz Biberkopf. O protagonista de Berlin Alexanderplatz (1929), a novela de Alfred Döblin, sae do cárcere tras pasar catro anos de prisión por asasinato. Non me identifco con Franz porque é unha animalia que matou á moza e intentou violar á irmá desta, pero si comprendo a súa confusión cando o botan da prisión. Pega as costas contra o muro do cárcere de Tegel porque «é unha sorte vivir entre paredes: sábese como empeza o día e como sigue». Mantense quieto ata que os gardas lle berran.... [Lire la suite]
jeudi 21 juillet 2016

O FLORECEMENTO DO AGUSTINISMO

O SÁBADO DA semana pasada estaba xantando cun amigo no Mangiarte, un italiano do mercado de abastos de Lugo. Leonardo Zordan concentra poderosos sabores en mesas contadas e pratos pequenos. O meu amigo pretende ser novelista en galego e anda despistado, tanto que non aprendera a apreciar a Agustín Fernández Paz. Deille a volta ao mantel de papel e quitei un rotulador para debuxar nun esquema a estrutura de Cartas de inverno, cos seus saltos temporais e a súa xestión harmoniosa da intriga. Aquel día convertíno ao agustinismo.... [Lire la suite]

jeudi 14 juillet 2016

SEN SOLAS DE VENTO NO RESURRECTION FEST

Maruja Mallo tivo que chamar un día á Policía. Estaba facendo ximnasia no dormitorio, en Madrid. O veciño de enfronte non cansaba de observala. A artista de Viveiro era maior e seguía o consello médico: erguía os brazos e baixábaos, xiraba o pescozo arredor de si coa convición dunha posuída pola Besta. O veciño miraba dende a outra banda do patio de luces. Cando chegaron os axentes, a creadora explicoulles que o voyeur non lle perdía a vista porque levaba posta unha viseira do PSOE, «que me regaló Alfonso Guerra porque es amigo... [Lire la suite]
dimanche 10 juillet 2016

A MIÑA AVOA NON SOBREVIVIU AO BREXIT

FOI NA CASA da miña avoa Aurora Zaldibar onde lin por vez primeira a Charles Dickens, Agatha Cristhie e Robert Louis Stevenson. A miña avoa vivía en Londres sen vivir. Nunca estivo na cidade, máis que nada porque a paga dunha mestra xubilada dos anos 80 non daba tanto de si e Ryanair non irrompera aínda cos seus enxeños voadores. Vivía en Bilbao, pero non renunciou a enmoquetar o baño —a pesar de ser asmática— nin asegurarse de que El Corte Inglés mantiña o fluxo de té e pastas. Cada vez que montabamos nun autobús vermellos de dous... [Lire la suite]
jeudi 30 juin 2016

OS HEROES QUE SIGUEN LIBERANDO O RITZ

RAFAEL CHIRBES deixara reservada unha novela de amor cando morreu. Non quixera vela publicada porque o protagonista era un amante. E o amado, tamén. Paris Austerlitz é unha historia de amor tan ilusionante de principio e tan amarga de final como calquera historia de amor. O pasado domingo estiven lendo ese libro. A parella protagonista —un pintor coa superioridade cruel da burguesía e un obreiro co complexo da carencia proletaria— adoita reunirse nun bar de traballadores marroquinos. Acordoume as memorias de Juan Goytisolo, nas que... [Lire la suite]
jeudi 23 juin 2016

AS FRASES ANIMOSAS DE PAULO COELHO

XABIER M. mandoume un whatsapp o domingo pasado para contarme que unha editorial lle pedira unha novela sobre Os Irmandiños. Para min, foi unha sorpresa en cadea: non sabía que quedasen autores con ánimos como para ficcionar a Historia, mesmo estaba convencido de que a escrita de novelas fora substituída pola escrita de frases breves e ostentosas no Twitter, Dubidaba de que seguisen existindo editores que pedisen a ninguén que escribise libros.Non contestei á mensaxe nin sei se me requiría admiración ou repercusión na prensa porque... [Lire la suite]