dimanche 3 janvier 2016

O ANO PRÓSPERO DE JESÚS PÉREZ VARELA

Miguel Anxo Fernán Vello está na Semana Fantástica. A investigadora Teresa Seara presentou unha tese sobre a súa obra a uns días de ter gañado o Premio Afundación. Pero Fernán Vello ten a singular rutina de gañar cartos e prestixio coa poesía. O luns pasado, cando o Congreso dos Deputados se transformou no Avispeiro dos Balcáns, chameino para felicitalo porque fora elexido polo terzo provincial de Lugo. Teño moitas dúbidas de que sexa o mellor destino para un escritor. A oratoria parlamentaria española envilece o estilo literario... [Lire la suite]

samedi 12 décembre 2015

O SEÑOR QUE BOTA LIMÓN NOS MEXILÓNS

T. S. Eliot estaba enganado. Abril non é o mes máis cruel. Novembro resulta máis inhumano. Por letal. A morte ten preferencia por ese mes situado a desmán entre a última felicidade do verán e a alegría impostada do Nadal. Novembro comezan con Todos Os Santos. Nesa celebración colle impulso para a devastación. Este novembro rematou marchando con Carlos Oroza, Xosé Neira Vilas e Chao Rego na véspera de decembro. «Nunca temín que a morte levaría a tantos», confesou Eliot. As boas persoas non teñen biografía. Neira Vilas nin sequera... [Lire la suite]