
(Crónica publicada no suplemento Táboa Redonda de El Progreso)
A ACADEMIA GALEGA indicou en xullo o tema para a redacción que escribiremos nesta volta ao curso escolar: Manuel María. Tras o anuncio, a intelectualidade marcha de vacacións. Ao cabo, a cultura galega vive rexida polo calendario escolar ao ser unha creación de profesores que buscan distraer á elite burguesa e culta. No verán retírase para durmir unha longa sesta de pedra e cede os focos a compañías circense-musicais: Panorama, París de Noia, Combo Dominicano,......
[Lire la suite]