
Antonio Resines non era Antonio Resines. Hai invernos que nos coñecéramos. Foi arredor da mesa de billar francés na casa que Gonzalo Moure e Tina Blanco apañaran en A Senra, disfranzando con exquisitez unha conserveira doutro tempo, de cando as xoubas se envasaban en casas luminosas de pizarra e trabes de carballo anchas coma ríos escuros. Cando me presentaron a Antonio, preguntei o que nunca ningún descoñecido debería terlle preguntado a Resines e ninguén recén benvido á súa vida evitaba preguntarlle. Non, nada tiña que ver...
[Lire la suite]