
FOI NA CASA da miña avoa Aurora Zaldibar onde lin por vez primeira a Charles Dickens, Agatha Cristhie e Robert Louis Stevenson. A miña avoa vivía en Londres sen vivir. Nunca estivo na cidade, máis que nada porque a paga dunha mestra xubilada dos anos 80 non daba tanto de si e Ryanair non irrompera aínda cos seus enxeños voadores. Vivía en Bilbao, pero non renunciou a enmoquetar o baño —a pesar de ser asmática— nin asegurarse de que El Corte Inglés mantiña o fluxo de té e pastas. Cada vez que montabamos nun autobús vermellos de dous...
[Lire la suite]