samedi 22 octobre 2016

O SENTIDO NO QUE SE CORTAN AS UNLLAS DOS PÉS

ANDO ESTES DÍAS preocupado co sentido no que se cortan as unllas dos pés. Eu córtoas empezado pola deda meiniña do pé dereito e vou avanzando cara ao oeste ata chegar á menor deda esquerda. Pero teño dúas peculiaridades: son zurdo e, sobre todo, zurdo contrariado. Nacín segundo acababa o Concilio Vaticano II, en 1965, e estiven no colexio das monxas de Ribadeo ata 1979, ata ben chorada a morte de Franco. As monxas estaban atrapadas entre esas dúas forzas centrígufas: o progresismo de Jesucristo Superstar e o conservadurismo do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,

lundi 14 décembre 2015

O DÍA NO QUE NACHA POP ESNIFOU A NOITE

    O domingo pasado morreu Holly Woodlawn. Haroldo non se chamaba Holly nin nacera muller. Colleu o nome de Holly da protagonista de Almorzo en Tiffany’s, de Capote, e a sona de Walk on the wild side, a canción de Lou Reed. «Holly veu de Miami/ atravesou Estados Unidos en autostop/ depilou as cellas no camiño/ afeitou as pernas e daquela el foi ela./ Ela dixo: Da unha volta pola beira salvaxe». Esa canción é importante para min. Andaba canda min no novembro de 1983, cando baixaba cara á Praza Roxa de Santiago cun... [Lire la suite]
lundi 31 octobre 2011

UN ZUME DE LARANXA QUE NUNCA SUFRÍA A SOEDADE

TRUMAN CAPOTE almorzaba zume de laranxa. Tomaba varios máis ata o xantar. E tamén despois. O seu avogado, Alan Schwatrz, sabía que a laranxa ía emparellada de vodca. Non dubidaba porque se citaban diariamente. Hai que ser tan peculiar como Capote para que un dos teus mellores sexa o teu avogado. Esa relación permitiunos gozar dunha noveliña estival e pícara como ‘Cruceiro de verán’ (Galaxia). Partindo dunha versión orixinal de 1943 e de centos de apuntamentos con rehabilitacións e melloras que se demoraron dez anos, varios expertos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 11 octobre 2011

QUERO ESCACHAR ESCAPARATES PORQUE TODOS TEÑEN ALGO QUE DESEXO

MAEVE BRENNAN confesaba que «se houbese un disturbio levaría un pedrolo a Madison Avenue, pecharía os ollos e tiraríao, porque a penas hai un escaparate que non conteña algo que desexo». Brennan, intuía que a sociedade prepara o crime e o delincuente cométeo. Ela foi preparada pola sociedade para ser sofisticada. De feito, con 27 anos, en 1949, foi vivir a Manhattan, a zona máis elegante daquel Nova York ruín que nunca visitaba. Facer unha excursión pola miseria dos demais dáballe preguiza, confirmaba a escura sensación de que o resto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,