mardi 9 décembre 2014

AS VENTÁS ILUMINADAS NA NOITE SON UN MISTERIO

Ao saír do periodico, xa na noite densa, non había rapaces amándose no portalón de pedra lisa e penumbrosa do Colexio de Arquitectos, polo que, a falta de distracción, busquei a Lúa. Erguin a cabeza con ilusión, pero non a atopei sobre o edificio audazamente octogonal de Vázquez Molezún, como en tempos; nin sequera, brillando sobre o granate das pistas de atletismo nas que adestra Antón. Desprazárase ao leste, houben de procurala moi ao leste, entre o frío pulido do ceo. A Lúa que quece as almas en Lugo é a mesma que prende os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:36 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,