samedi 29 juillet 2017

VICENTE RISCO MORRE COMO MARÍA ESTUARDO

TEMO QUE Vicente Risco levou o seu amor polos mitos demasiado lonxe. «O meu pai cría no Deaño como persoa», revela o seu fillo Antón en Risco segundo Risco (Galaxia), o libro de conversas con Arturo Lezcano.Os mitos son útiles na infancia, para explicarte o mundo cando aínda non tes suficiente cultura científica. Os amigos do meu barrio, cando nenos, xogabamos ás guerras dos nosos antergos. Duraban pouco tempo. Nada máispoñernos, empezaba a discusión sobre se Medea, a filla do rei da Cólquide, foi raptada polos argonautas gregos... [Lire la suite]

samedi 1 juillet 2017

O SOL DETÍVOSE SOBRE A RÚA DAS TABERNAS

    DEUS INSPIROU a escrita da Biblia coa mesma ambición de grandiosidade e durabilidade que Cecil B. DeMille cando dirixiu a Charlton Heston en Os dez mandamentos. Deulle unha caxato e mandouno a separar as augas do mar Vermello. Non llo puxo fácil.Esa escena das Sagradas Escrituras resulta espectacular, pero a miña favorita é a de Xosué detendo o sol en pleno tránsito polo ceo. O astro rei «non se apresurou en poñerse durante un día enteiro» (Xos; 10, 21) para permitir que Xosué vencese a batalla contra os cinco reis... [Lire la suite]
samedi 8 avril 2017

A REAL ACADEMIA GALEGA NON É UNHA LENDA URBANA

      O MÉRCORES comprendín a falta de entradas para os concertos de Sés. Admiro a condición da cantante bergantiñá pola súa apertura panóptica cara ás músicas populares —da milonga ao rock—; admiro a voz ampla de rexistros e o poderío no seu manexo, e admiro a boa disposición das súas letras. Pero ata o mércores non a escoitara en directo. Foi no bonito e incómodo Teatro Principal de Santiago. Asistín á interpretación de Sés un pouco corcorvado, nunha postura que axuda a compensar a ameaza de xordeira e a... [Lire la suite]
mercredi 29 mars 2017

O TRONO DA RAG E A POLONIA DE UBÚ REI

O MÁXIMO EXPERTO en Ubú Rei do país é un pintor lucense. Quique Bordell ama ese humor axitado e inane que ataca ao poder. Unha mañá, no seu estudo —un museo do surrealismo— Quique preguntoume se leo en francés e logo regaloume un exemplar da obra teatral que Alfred Jarry estreou en 1896. Non contextualizou o agasallo con explicacións. Retoume tacitamente a compartir a súa capacidade para a retranca ou a sentirme estúpido. Ubú, xa sabe, é un soldado que derroca ao rei de Polonia e convértese nun Tirano Banderas. Rocío Cortés... [Lire la suite]
samedi 4 mars 2017

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES

ANDRÉ GIDE viaxou polo Magreb en 1896. Organizara unha viaxe de vodas —ese rito atávico— tras casar coa súa curmá Madeleine. Casou sen ganas, porque llo enconmendara a nai como derradeira vontade. En Túnez métese nun «café escuro, ao que non ían máis que altísimos negros do Sudán. Algúns tiñan un dedo do pé cortado como símbolo da súa submisión». Explica Gide que eses escravos sudaneses que tanto o atraen eran devotos dos perfumes. Colgan dos turbantes uns ramallos de xazmín oloroso que dan «ao seu semblante a expresión dunha... [Lire la suite]
vendredi 13 janvier 2017

OS MEUS FILLOS NON TRABALLARÁN A TERRA

O MARTES FUN VER a película de ciencia ficción Passengers (Pasaxeiros). Uns habitantes da Terra emigran a outro planeta para renovar as súas vidas. Está protagonizada por unha boa actriz que é guapa, Jennifer Lawrence, e por un guapo que vaia por Deus como actor, Chris Pratt. Passengers parte dunha idea cargada de futuro e comeza como un fascinante espectáculo de Hollywood. O director, Morten Tyldum, condúcea cara a un telefilme romántico ideal para a sobremesa de Antena 3.Jennifer Lawrence fai de xornalista que quere botar un... [Lire la suite]