samedi 16 mai 2015

O ÚNICO DEPORTE QUE NON É UN XOGO

O XORNALISTA norteamericano Abott Joseph Liebling lembra no libro Between meals, os xantares que gozou en París entre 1926 e 1927. O daquela estudante de Arte xustificou a estadía en Europa para aprender na mellor universidade, A Sorbona. Lonxe de visitar a facultade, Liebling dedicou o seu tempo a percorrer toda canta casa de comidas e hotel servía un menú. Tamén a especular con ser boxeador profesional.Ningún dos outros fillos de rico cos que compartía residencia universitaria considerara practicar o que o cronista español... [Lire la suite]

lundi 8 septembre 2014

A RENTRIÑA, UN COMBATE A DOCE ASALTOS

  Antón Porto anuncioume que aquela noite de sábado vería algo «fascinante». Levaba dous días en Berlín coa mente aberta, a boca aberta e a porta do hotel aberta por todo o «fascinante» que xa me amosara o meu anfitrión, daquela lector de galego na Freie Unibersität. Antón conduciume a un pub tan sofisticado, cheo de bebedores e anodino, coma un pub sofisticado, suado e anodino de Bos Aires ou de Ribadeo. Eu non percibía o «fascinante». Sentía o desencanto.De súpeto, o público abriu un círculo no centro do local e xrudiron... [Lire la suite]