
Teño escoitadas diversas versións sobre a existencia dunha elite, secreta e hermética, formada polas persoas que leron —ata a fondura de entendelo— o Ulises de James Joyce. Durante anos negueime a crelo.Unha tardiña, vagando pola Praza Maior de Lugo, parei cun amigo. Non tardou en sinalarme a un patricio lucense, un home intelixente e formado. Aquel señor nada tiña de particular, a maiores dunha senectude moi Séneca e dunha trenca con botoadura que parecía tallada cos dentes do primeiro rinoceronte traído a Europa por Manuel I de...
[Lire la suite]