
Xermán Refojo publicaba esta mañá no seu Facebook unha imaxe de dúas mulleres facendo un estampado. Encantoume. Unha hora despois atopei a Refojo na froitería do Gadis. Pregunteille. "E un estampado lionés, colle o nome de Lyon", informoume antes de explicar que é unha técnica manual de estampado usada e que a fotografía era dos anos 40. Refojo é un sabio de procedementos artísticos. Aprendo cousas fascinantes escoitándoo. Os estampados fanse agora maioritariamente a máquina. A miña muller, Ana, e o meu fillo Antón levaron á...
[Lire la suite]