samedi 20 janvier 2018

POMBAS, MAZÁS E OUTROS EPISODIOS NACIONAIS

HAI UN MES estaba eu cruzando a praza de Santo Domingo —de aquí, de Lugo—. A praza tivera que dicir que choveran por riba dela. Unha señora vestida de personaxe secundario das Brönte, cunha gabardina verde e un sombreiro de cogomelo, achégase a min. Vén agarrada da man a un cabaleiro da súa idade. Son siameses asimétricos. El tamén leva roupa de augas, como se pasease por cuberta na noite do Titanic. Cando unha parella de folla caduca se agarra entre si pode culparse a que teñen medo urxente á perda ou a que son un matrimonio naïf. ... [Lire la suite]

samedi 1 juillet 2017

O SOL DETÍVOSE SOBRE A RÚA DAS TABERNAS

    DEUS INSPIROU a escrita da Biblia coa mesma ambición de grandiosidade e durabilidade que Cecil B. DeMille cando dirixiu a Charlton Heston en Os dez mandamentos. Deulle unha caxato e mandouno a separar as augas do mar Vermello. Non llo puxo fácil.Esa escena das Sagradas Escrituras resulta espectacular, pero a miña favorita é a de Xosué detendo o sol en pleno tránsito polo ceo. O astro rei «non se apresurou en poñerse durante un día enteiro» (Xos; 10, 21) para permitir que Xosué vencese a batalla contra os cinco reis... [Lire la suite]
mercredi 29 mars 2017

O TRONO DA RAG E A POLONIA DE UBÚ REI

O MÁXIMO EXPERTO en Ubú Rei do país é un pintor lucense. Quique Bordell ama ese humor axitado e inane que ataca ao poder. Unha mañá, no seu estudo —un museo do surrealismo— Quique preguntoume se leo en francés e logo regaloume un exemplar da obra teatral que Alfred Jarry estreou en 1896. Non contextualizou o agasallo con explicacións. Retoume tacitamente a compartir a súa capacidade para a retranca ou a sentirme estúpido. Ubú, xa sabe, é un soldado que derroca ao rei de Polonia e convértese nun Tirano Banderas. Rocío Cortés... [Lire la suite]
samedi 4 mars 2017

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES

ANDRÉ GIDE viaxou polo Magreb en 1896. Organizara unha viaxe de vodas —ese rito atávico— tras casar coa súa curmá Madeleine. Casou sen ganas, porque llo enconmendara a nai como derradeira vontade. En Túnez métese nun «café escuro, ao que non ían máis que altísimos negros do Sudán. Algúns tiñan un dedo do pé cortado como símbolo da súa submisión». Explica Gide que eses escravos sudaneses que tanto o atraen eran devotos dos perfumes. Colgan dos turbantes uns ramallos de xazmín oloroso que dan «ao seu semblante a expresión dunha... [Lire la suite]
samedi 28 mai 2016

A PESAR DE SER DA UPG ( E UN TRADUTOR BENGALÍ)

A ESTA ALTURA desa superprodución fílmica que é o Día das Letras Galegas coñezo as escenas de memoria. Como hai tantos lucenses que escribiron ben e outros que o fixeron decentemente teño asistido a unhas cantas celebracións. Non me queixarei. Divírteme. Hai rutinas que se repiten cada 17 de maio, cando conflúen no lugar sinalado pola providencia da Real Academia Galega os donos da cultura e os detentadores do poder cultural, que case nunca son os mesmos. Asisten amigos, admiradores e sentidores do homenaxeado. Asisten veciños... [Lire la suite]
samedi 23 avril 2016

UNHA LIÑA TELEFÓNICA PARA JEAN PAUL

FERROL É UNHA cidade que me desconcerta. Para Galicia é coma Alaska para os Estados Unidos: un accesorio territorial sen función concreta. A última actividade cultural que cruzara a ponte das Pías fora a man de pintura que lle deran no 2000 á estatua na que Franco cabalgaba pola Historia sobre a praza de España. A crueldade máxima contra a escultura equestre de Coullaut Varela, inspirada —diría eu— na que ten Marco Aurelio sobre a Cuíña Capitolina de Roma, non foi a nocturnidade nin a clandestinidade, nin a violencia. O máis... [Lire la suite]

samedi 19 mars 2016

O AMOR, QUE MOVE O SOL E AS ESTRELAS TODAS

TODOS COMETEMOS erros baixo a influencia do amor. Se non fose polo cegamento que produce, Camilo José Cela non tería abandonado a súa fundación —cos seus 45.000 volumes e unha escollida mostra de obxectos persoais— ao entendemento e capricho de Marina Castaño.Os delirios de Thomas de Quincey cando consumía opio devolvíanlle a Ann, unha rapaza  da que namorou ao chegar a Londres. Un domingo de chuvia perdeuna de vista por sempre xamais, pero nunca esqueceu a invernía na que durmiron abrazados para combater o frío feroz que... [Lire la suite]
mercredi 23 septembre 2015

MANUEL MARÍA COMO EXCUSA MORAL

(Crónica publicada no suplemento Táboa Redonda de El Progreso) A ACADEMIA GALEGA indicou en xullo o tema para a redacción que escribiremos nesta volta ao curso escolar: Manuel María. Tras o anuncio, a intelectualidade marcha de vacacións. Ao cabo, a cultura galega vive rexida polo calendario escolar ao ser unha creación de profesores que buscan distraer á elite burguesa e culta. No verán retírase para durmir unha longa sesta de pedra e cede os focos a compañías circense-musicais: Panorama, París de Noia, Combo Dominicano,...... [Lire la suite]
mardi 28 avril 2015

A ESTACIÓN DA CAZA DA BALEA

Todos os camiños que conducen a Filgueira Valverde teñen a confusión por destino. A miña visión é negativa porque manchou as mans de franquismo, pero escoito os sabios para chegar a un calveiro do bosque escuro no que convencerme de que estou sendo xusto con el. Quen o coñeceu abre a boca para que resoe a súa bonhomía e a súa inmensa capacidade cúbica coma intelectual. Esa opinión nada ten que ver coa posición política na que se atope cada quen. Felipe Arias e Francisco Calo debuxáronme onte na cafetería de San Marcos, en Lugo, un... [Lire la suite]
lundi 27 avril 2015

A MIÑA FANTASMAGORÍA ERÓTICA CON FRANCO

NUNCA LOGREI representarme a sexualidade de Franco. O domingo pasado fixen un esforzo intenso. Sentei nunha butaca que a miña muller me instalou no curruncho máis distraído do salón. Coloquei un biombo inspirado na Bauhaus e cubrín o conxunto cunha tea negra na busca dunha escuridade absoluta. Sentei, respirei calmosamente e esforceime en imaxinar o xeneral de todos os exércitos no recollemento concupiscente do seu dormitorio. Logo me decatei de que prefería a sexualidade suxerida e intelixente de Lois Pereiro a unha... [Lire la suite]