samedi 22 novembre 2014

O PRESTIXIO REMOTO DOS OSOS POLARES

(Texto escrito para a mesa redonda do Simposio O libro e a lectura nos medios da Asociación Galega de Editores do 20 de novembro de 2014. Participaron Carme Vidal e Xesús Fraga, moderou Manuel Bragado) Hai uns días atopei en Twitter unha fotografía de 1950. Mirábase un escuro tanque ruso no medio dunha paisaxe pálida de xeo. Un soldado ruso sacaba medio corpo pola torreta e daba de comer a dous osos polares brancos. No pé de foto informaba de que era leite condensado. Todos queremos que siga habendo osos polares e que alguén alleo... [Lire la suite]

dimanche 18 septembre 2011

DE QUE ESTABA FEITA A TORTA DE CARAPUCHIÑA?

DE QUE ESTABA FEITA a torta coa que a nai de Carapuchiña Vermella agasallaba á avoa da cativa? É algo que me cuestiono dende neno, por curiosidade gastronómica elemental. Nunhas das versións tempranas, Perrault nos refire que a pequena leva «unha torta e máis un tarro de manteca» da aldea na que vive ata a da avoa materna da cativa atravesando un bosque. Como daquela non gozaban deste exotismo de hipermercado actual, temos que supoñer que a nai da rapariga botaba man ao redor no tempo de cociñar. Ao vivir ao pé dunha braña, botaría... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,