jeudi 1 décembre 2016

O LEVE MOVEMENTO DAS MONTAÑAS

A MADRUGADA do luns espertei sorrindo. Sorrir é unha expresión de felicidade demasiado importante para malgastala con alegrías débiles ou monerías de gatos no Facebook. Por iso nunca sorrío antes de tomar un café matutino, amargo e solitario. Pero un sorriso aberto por un soño é incontrolable. O luns espertei ás catro da mañá. Sabía a hora pola inclinación da luz que emiten as farolas da rúa Galicia e que me entra no salón. Estaba soñando que era Jay Gatsby e observaba unha chispeante festa que organizara. Sentía o pracer de... [Lire la suite]

samedi 28 février 2015

LO ESTÁIS HACIENDO MUY BIEN

Disque as noivas de Pablo Neruda evitaban ler as dedicatorias dos seus poemarios. Lembraban con felicidade aquela vez na que leran o seu nome nun libro, pero sabían que emoción non se repetiría. O nome que lerían no volume de versos que Neruda escribira estando con elas correspondería coa nova amante do escritor. Cada nova dedicatoria tiña un dobre sentido: anunciar ao amor oficial que xa era pasado e ao novo que o convertira en presente, e mesmo en futuro ata que outra dedicatoria a derrocase no corazón que podería escribir os... [Lire la suite]
samedi 22 novembre 2014

O PRESTIXIO REMOTO DOS OSOS POLARES

(Texto escrito para a mesa redonda do Simposio O libro e a lectura nos medios da Asociación Galega de Editores do 20 de novembro de 2014. Participaron Carme Vidal e Xesús Fraga, moderou Manuel Bragado) Hai uns días atopei en Twitter unha fotografía de 1950. Mirábase un escuro tanque ruso no medio dunha paisaxe pálida de xeo. Un soldado ruso sacaba medio corpo pola torreta e daba de comer a dous osos polares brancos. No pé de foto informaba de que era leite condensado. Todos queremos que siga habendo osos polares e que alguén alleo... [Lire la suite]
mardi 29 novembre 2011

A XUNTA REGALA UN FERRINMÓBIL Á RAG

MARIANO RAJOY debería pensar en Agatha Ruiz de la Prada como directora xeral de Obras Públicas ou como lle digan. Pídollo dende aquí, metaforicamente axeonllado, porque seica este xornal forma parte do resume que lle pasan os seus colaboradores a diario. Se pensei na, a pesar de todo, esposa de Pedro J. é que porque ela pode dar un brochazo de cores vivas sobre ese gris topo que tanto nos abruma nas viaxes longas. A xente conduce distraída porque avanza sobre unha banda ancha monocolor e tristeira. Antes calculabamos a ollo o tamaño... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,