samedi 28 octobre 2017

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS

A MIÑA NAI chámase Itziar, pero un funcionario dos anos 30 cunha ringleira de formigas camiñándolle sobre a boca dedidiu que Itziar non era un nome, era un ladrido vasco. O señor gris perla improvisou un bautismo civil e secreto, como se ela fose criptoxudea. Puxo María Jesús na partida de nacimiento e esmagoulle o selo da aguia coa cabeza virada. Ignoro o nome que figuraba no carnet de identidade de Francisco Umbral, que se chamaba, de nome burocrático, Francisco Alejandro Pérez; pero a miña nai optou por Itziar como... [Lire la suite]

lundi 28 mars 2016

FRANK SINATRA JR., CÓIDATE DOS IDUS DE MARZO!

OS NORTEAMERICANOS son eficaces clasificando a carencia de talento. No canto de dicir que o mérito dunha persoa é xenético, que é un fillo de, póñenlle junior tras o nome mundano; como a Frank Sinatra Jr. Nunca me cadrou compartir escenario en Las Vegas. Soamente o vin unha vez botando unha partida de cartas con varios mafiosos na serie Los Soprano. Manexaba a baralla coa pistola no sobrazo, coma uns amigos que tiña o pai. A cabeza de Sinatra Jr. estaba moldeada coa harmonía da cabeza de Sinatra Sr., herdara os ollos azuis... [Lire la suite]
dimanche 13 mars 2016

BOXEANDO SOMBRAS POLA MORTE DE BIALETTI

    ESTA SEMANA non houbo mañá na que espertase axitado. Cedo, por volta das seis da mañá. Quedei trastocado polo pasamento de Renato Bialetti. Máis ca morte en si, decepcionoume a nula atención dos medios españois. Houben de lelo en Il Corriere della Sera. A páxina completa, claro.Como non acougaba na cama, día tras día erguínme para tomar un café da miña Moka Express. Teño estima a esa cafeteira. Collín un voo de Ryanair no Nadal de 2014 para viaxar a Roma. Entrei nunha tenda pequena e escura da Via del Corso, unha... [Lire la suite]
mercredi 4 novembre 2015

O FROILANISMO É O NOVO SITUACIONISMO

A defensa da literatura máis ardorosa e mellor razoada escoiteilla a un político. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe presentaba en Lugo un libro da súa muller, Otilia Seijas. A autora escribira Viudas de vivos (Edicións do Castro) en clave de rosalianismo serodio para denunciar a soedade que padecían as señoras de señores con cargo público. Portomeñe era daquela responsable dun departamento que se chamaba Consellería de Cultura. Supoño que lles soa. Na antesala da presentación, Vázquez Portomeñe parou saudar á prensa. Non é moi... [Lire la suite]
jeudi 27 août 2015

UN SACO CONTRA O QUE GOLPEAR

Dende que cumprín 50 anos o meu pelo mantense como estaba, non cae pero non medra. Pásame como á UPG; que cumprín cincuenta anos, digo. O pelo que me fasciunou dende neno foi o da miña avoa paterna, Juana Isasi. Era branco, solto e lixeiro como a cola do cabalo que montaba o seu fillo Juan con furia parasitada ao Deus do Vello Testamento para matar bolcheviques na fronte de Novgorod. A miña avoa morreu en xaneiro de 1969, cando Nixon estreaba a gravata dominical de presidente dos Estados Unidos. Juana nunca soubo quen era... [Lire la suite]
vendredi 13 février 2015

CONSUELO, CARMEN E OS ESPARADRAPOS EMBOZANTES

O esparadramento bucolabial paréceme incómodo en xeral. Conleva unha acto depilatorio posterio doroso e avermellante da zona cutánea afectada. Se se practica con intención de protesta política ten unha intencionalidade comunicativa que, temo, perdeu a eficacia toda por reiteración. Os parlamentarios do Bloque no Hórreo embozáronse onte porque se senten acalados, estorbados no seu intento de que o noso órgano de representación lles permita exercer unha representación con dignidade. Milleiros de votantes nacionalistas aos que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
samedi 10 janvier 2015

O PECHE DA MENTE GALEGA

A dereita francesa escoita argumentariamente a Eric Zemmour, o xornalista que traballa en Le Figaro. Zemmour, o galo entre galos, como adoita acontecer è fillo da chegada: è xudeo de orixe alxeriana e està casado cunha xudea de orixe marroquiana. Enche salas de conferencias e vende como para unha voda con O primeiro sexo, contra a femenizacion da sociedade, e agora con O suicidio frances, no que pon a feder o europeismo e o liberalismo. O republicanismo perde terreo contra a involucion en Francia e os islamistas das AK47... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mercredi 15 octobre 2014

MEXEI SOBRE OS MUROS DO PENTÁNGONO

Xavier Vence poñía antonte un novo cuño para facer patente a negativa do Bloque a pactar coa esquerda española e coa versión en miniatura do propio BNG que lidera Xosé Manuel Beiras. Aínda sendo eu partidario dun pacto coxuntural para as eleccións municipais que permita catro anos de poder local para a progresismo nacionalista, comprendo que o líder do BNG perciba a Esquerda Unida-Anova e Podemos coma formacións perecedeiras. A duración da vida política de Beiras, que el teima en ligar á súa vida biolóxica -percibo que por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
jeudi 22 mai 2014

O CAMPO DO PANO DE OURO

Hai un Xosé Manuel Beiras que me interesa, o intelectual. O Beiras político adoita sobreactuar e cubrir dun boureo escuro as súas ideas lúcidas. Veño de lerlle nos papeis de El Progreso algo ben bonito. Pretende mudar Europa segundo o modelo de "Joyce, Rosalía e Galileo". A icona do exoparlamentarismo falaba na presentación do manifesto de apoio a Alternativa Galega de Esquerdas. Entre Francisco Xavier Abilleira Cortegoso e Isaac Xubín hai 178 asinantes. Outro manifesto, Avante Galiza!, que recomenda votar ao Bloque... [Lire la suite]