vendredi 16 décembre 2011

UN CULTURGAL MODÉLICO EN GALICIA E ASAMBLEARIO EN DURANGO

Eu voto e opino porque pago os meus impostos persoais e patrimoniais. Comezo con esta obviedade, que para moitos será pueril e mesmo cheirantemente norteamericana, porque moitas veces esquecemos que achegar unha parte dos soldos e das actividades económicas nos arma do dereito a loubar e criticar. O pasado martes publiquei unha anotación furibunda na que trataba de explicar a miña ausencia no Azoka de Durango. Cuestionaba nela a Xulio Amigo, presidente de Cultugal, cunha carraxe esaxerada e inxusta cara a el, polo que lle pido... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:29 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags : , ,

mardi 13 décembre 2011

AGUR, CULTURA GALEGA

A palabra 'agur' en euskara utilízase tanto para saudar como para despedirse. Culturgal convidoume o pasado xuño a participar na Feira do Libro e o Disco Vasco de Durango. Escoitara falar ducias de veces aos meus tíos sobre ela. Eles acuden todos os anos, este tamén foron. Durango acolleu aos meus avós maternos, peneuvistas de lei, cando os fascistas lles perdoaron a vida, pero non os traballos. O Azoka dedicábase este ano á cultura galega. Non podía ser máis feliz: podería dicir agur ao meu país natal formando parte da representación... [Lire la suite]