
Aquela mañá mandáranme entrevistar na tardiña á superiora da clausura dominica de Lugo, non lembro o motivo; asomou cunha voz enclaustrada tras a opacidade do torno e presenteime e ela suspirou un berro que dicía: "¡Ah, es usted periodista! ¡No queremos saber nada con los periodistas!" ou algo igual de cristiano e misericordioso. A Igrexa católica sempre foi unha canalizadora experta de inmensas cantidades de información (pensa nos mosteiros medivais); pero rexeita todo coñecemento ou noticia que non pase polo seu nihil...
[Lire la suite]