dimanche 3 avril 2011

UNHA SOPA URTICANTE

HOUBO UNHA primavera, coma esta que comezou abrindo os ceos en soles e aguas, na que o meu amigo Gonzalo me chantaba unha sopa de ortigas cada vez que me convidaba a comer. Cando un cociñeiro tendente a experimentar te convida a comer debes de asumir que o motivan tanto a amizade cara ti como o devezo de que alguén probe e aprobe os seus equilibrios de ensaio/erro. Ao primeiro, a acidez facíame incómodo aquel caldo fresco, pero debo recoñecer que o meu esforzo de probador sumiso favoreceu unha mellora notable na arte culinaria do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :