jeudi 1 septembre 2011
CONTABILIDADE PROVINCIAL

mercredi 27 juillet 2011
LOGO, TI ES DA ETA?
As montañas de Nevada son aínda máis indolentes coas pernas cas do Courel. Achegueime ata Lincoln para falar con Unabomber, aquel terrorista eremítico que remitiu 16 bombas. A animalia de Uteya fusiloulle os escritos. Unabomber liscou da Universidade de California en 1971 para refuxiarse nunha cabana sen auga e sen luz en Lincoln. Cando cheguei, estaba no interior, observando as paredes de madeira. Como non me daba fala, comecei a explicarme. Comenteille que, no longo treito da miña infancia e mocidade, fora considerado un... [Lire la suite]
jeudi 30 juin 2011
TAXISTA
A madrugada de onte en Londres era unha néboa gris escuro flotando a medio metro do pavimento. Parei o primeiro taxi que pasou por Bloomsbury Way. Era negro, con esa forma de biscoitos abombados tan peculiar. O condutor, un home repoludo, con traxe e gorra de prato combinados en cor co automóbil, tiña a cara branca e gordecha coma un queixo fresco. O asunto é que aquela faciana devolvíame ecos cinematográficos. Era cuspidiño en Alfred Hitchcock. El logo se decatou e reaccionou cunha gargallada. “Si, non se sorprenda; son o orixinal”.... [Lire la suite]
vendredi 6 mai 2011
TIROTEO
Osama Bin Laden xa non fala tan suave como antes de que o matase un comando de elite. Supoño que os disparos dos soldados que o asaltaron no seu cubil o deixaron un chisco tenente. El quéixouseme onte de que sufría intensas e continuas dores de cabeza e tamén de que perdera a visión do ollo esquerdo que lle furou o 'seal'. Acudín á súa mansión blindada en Abbottabad porque me convidou a tomar un te árabe. Non teño probas gráficas porque me advertiu que nada de cámaras de fotos nin de vídeo. Estar na súa presenza serviume para... [Lire la suite]
vendredi 29 avril 2011
A SEGUNDA CAMA
Estou certo de que Shakespeare nunca se recuperou de todo daquela derradeira troula que o deitou. Botou tres días bebendo, cantando e lembrando anécdotas de Fletcher, o empresario que mesmo rexentaba unha inmobiliaria ca un teatro ou un prostíbulo. Shakespeare segue amando a eito a vida malia que os excesos lle sentan a cada volta peor. Acudín á taberna de Depford, onde sei que se cita con Christopher Marlowe. Ambos os dous gustan beber cervexa a boca de xarro e de maldizer as vodas reais. William e Kate foron a diana das metáforas... [Lire la suite]
jeudi 31 mars 2011
O FANTASMA DE MEIRÁS
Deuseme en visitar o pazo de Meirás esta madrugada, cando estaba pechado a eses intrusos que queren se lle devolva a Sada o que lexitimamente se gañou a culatazo de mosquetón. Andaba eu pasmando por un salón cando se me apareceu Franco. Non me meteu medo a apariencia, ben distinta á que amosaba nas fotos que lle quitou o xenro no hospital, que parecía un espárrago liofilizado. Os fantasmas amosan o aspecto de cando un suma unha idade mediada. O Franco que se me apareceu tiña un bandullo redondo duns 40 anos. O malo dos espíritos é que... [Lire la suite]
samedi 26 mars 2011
AMOR FURIOSO
O amor presenta ás veces morfoloxías retortas, deformes; mesmo chega a ser cruel nas súas presentacións máis exarcerbadas. Richard Burton,explicoumo onte. El vive agora no Paraíso dos ateos, que é luminoso e foi amoblado polo Ikea. Chameino para informalo da última carta que lle escribira Elizabeth Taylor, en 1984. Supoño que continará na mesa de noite da actriz, onda a reservou para non enviala nunca xamais: el morrera no intertempo días antes. Atrevinme a suxerirlle que, se dabamos unha oportunidade ás dificultades, habería algún... [Lire la suite]
vendredi 18 mars 2011
5BIS RUE VERNEUIL
Agora estou bocexando porque botei unha longa noite de alcatrán. Déuseme por visitar o 5bis da Rue Verneuil. Serge Gaingsbourg non deu acougo á caxetiña de Gitanes. Atopeino tatarexando 'A marsellesa', a banda sonora de Francia, que el fachendeaba de ter composto diante dos seus músicos xamaicanos. O cantante vive nun spa relaxante de xenebra e outras drogas mentres hai escuridade. Cando cheguei aínda non se fundira o día, polo que non levaba présa por erguerse da cadeira de brazos na que reside. Como estabamos divertíndonos,... [Lire la suite]
samedi 12 mars 2011
DESAPARECER
Todo o que busca agora John Fitzgerald Kennedy é tranquilidade. Aínda que semelle o contrario, o home que se bañaba en masas e se secaba en apertas e bicos, quere estar so. Na compañía de Jacqueline. O atentado de Dallas retraeuno moito. “Unicamente reparas na importancia fonda da vida nese intenso e confuso intre en que a perdes”, comentábame mentres pescabamos na costa. Prohibiume revelar o lugar no que fixou a residencia dende que abandonou todo por mor dos balazos de Oswald, polo soamente desvelarei que fica nun lugar ao sur de... [Lire la suite]
jeudi 24 février 2011
ELEXIR BEN O FERRO
Frank Sinatra non xoga mal ao golf. Eu non teño maña, polo que me ofrecín a guiarlle o cochiño polo campo de Desert Spring Sport, do hotel californiano Marriot, onde vive retirado. Mentres ía conducindo, púxenlle no móbil a actuación de Lucía Pérez na final de 'Destino Eurovision' cantando '¡Que me quiten lo bailao!' Sinatra preguntoume que era Eurovisión antes de premer no comezo do vídeo. Escoitando á rapaza do Incio poñía cara de contradición. Notábaselle que había algo que non lle cadraba. A letra ten un rimado estrambótico, pero... [Lire la suite]