jeudi 21 juillet 2011
A FAME NEGRA DE MURDOCH
O único que me desagrada de visitar a Agatha Cristhie son o ambientador de eucalipto que se lle deu por poñer para evitar airear a casa e as pastas caducadas que me serve co té. Ao morrer deixou de ir ao supermercado e non as renova. Sempre que acontece un crime complexo ou algo relacionado cun delicto que require unha capacidade extraordinaria para deducir, vou visitala. A señora faise tan amable que sorprende que matase tanto e tan aqueladamente nos numerosos libros que asinou en vida. Acudín á súa vivenda campestre para pedirlle... [Lire la suite]
jeudi 23 juin 2011
MONOPOLY
Margaret Thatcher convidoume a xantar coa condición de que lle cociñase unha tortilla de patacas. A exprimeira ministra provén de pequenos comerciantes, que teñen unha percepción inmediata e sinxela da vida. Pareceulle que pedirme un prato elemental sería unha garantía a curto prazo, que é todo o que require a burguesía cativa: praceres sinxelos e intrinsicamente éticos. A Dama de Ferro semelloume case que afable en comparación coa súa fama; amosouse educada e case que condescendente comigo, pero non me incomodou. Interesábame a súa... [Lire la suite]
jeudi 16 juin 2011
O BOSQUE DE MONTESQUIEU
A outra noite, mentres enxuagaba os dentes con Listerine, acordei de Montesquieu. Foi pensar na hixiene dental e acordar da hixiene democrática. Montesquieu, ben saben, organizou as cúpulas de poder en tres ámbitos colexiados: executivo, lexislativo e xudicial. A curiosidade por consultarlle pola aplicación levoume ata o castelo de La Brède, onde reside dende que morreu. Os criados indicáronme que Montesquieu aproveitara a mañá fresca para pasear polo bosque, coller amoras e reconciliarse cos cervos. Atopeino nunha volta do Garona,... [Lire la suite]
jeudi 9 juin 2011
UNHA CABEZA GRANDE DE PERFIL
Antón (+5) preguntoume “por que os antigos pagaban con pesetas”. Contesteille cunha desas leccións maxistrais que damos os pais cando ignoramos a resposta e queremos evitar respostas que erosionen a nosa autoridade: “Déixate de pesetas e acaba a sopa, que se vai enfriar”. Antón aceptou a constestación coa mesma aceptación sumisa e perplexa coa que se preguntara polo intercambio de moeda dos antigos. Cando menos por un tempo, eviteime confesarlle ao cativo que eu tamén era un antigo que pagaba con pesetas. Daquela o pago con esa moeda... [Lire la suite]
jeudi 2 juin 2011
A BIOGRAFÍA DE PAQUÍN
Carmen Polo convidoume a cafetear en Meirás. Atopeina máis engurrada porque ao morrer a pel perde auga, pero estaba ornamentada coma unha Macarena con varios colares dos que incautaba aos xoeiros donostiarras. Ela toma descafeinado clariño, como eses que se lles dan a probar aos cativos para facer o chiste. Estes días amolada co intento de “remover a Paquín da tumba”. Sempre se refire a Franco coma Paquín. Anda indignada porque hai un debate para botar os restos do ditador do Val dos Caídos . Pensei que esa desmesura arquitectónica... [Lire la suite]
mercredi 18 mai 2011
CASTAS
Como son mediadamente corentón e convictamente burgués temo non estar comprendendo as acampadas pola democracia real. No Santiago dos 80 nos inchámonos a ler as follas de servizo dos veteráns que aínda eran reservistas da tuna e, ao acabar déusenos por recrear unha revolución. Algúns cruzaron coches envorcados por todo o Ensanche para brindarnos a oportunidade de correr diante dos antidisturbios como se fosemos erasmus celebrando a Hemingway. Porén, non dou abranguido o que acontece cos acampadores. Pensaba que todos asumíramos que... [Lire la suite]
mercredi 20 avril 2011
O KARAOKE DE JANIS JOPLIN E GUILLERME VÁZQUEZ
A Janis Joplin faille moito chiste escoitar as alocucións ás masas de Guillerme Vázquez. “Ten unha voz fantástica. E ese señor non canta?”, adoita preguntar. Non, Janis, é un líder político, explícolle. “Ese vozarrón áspero daría moito xogo con algunhas das miñas cancións”, insiste ela. A cantante descubriu ao voceiro do BNG no Telexornal porque ten unha asistenta de Mugardos que lle limpa a habitación do centro de desintoxicación para alcohólicos onde vive agora. Non vou indicar as coordenadas por respecto. A limpadora aproveita o... [Lire la suite]