lundi 28 mars 2016

FRANK SINATRA JR., CÓIDATE DOS IDUS DE MARZO!

OS NORTEAMERICANOS son eficaces clasificando a carencia de talento. No canto de dicir que o mérito dunha persoa é xenético, que é un fillo de, póñenlle junior tras o nome mundano; como a Frank Sinatra Jr. Nunca me cadrou compartir escenario en Las Vegas. Soamente o vin unha vez botando unha partida de cartas con varios mafiosos na serie Los Soprano. Manexaba a baralla coa pistola no sobrazo, coma uns amigos que tiña o pai. A cabeza de Sinatra Jr. estaba moldeada coa harmonía da cabeza de Sinatra Sr., herdara os ollos azuis... [Lire la suite]

samedi 27 juin 2015

O CÍRCULO DOS CABALOS CONTRA OS LOBOS

HAI UN CHISTE recorrente que me fai unha graza estúpida: «Dimitir, ese nome ruso...» Dimitir é un verbo en desuso, como outras tantas palabras do galego; que quedaron perplexas, tan desorientadas como está a nosa lingua en si. Manuel Guede, o director do Centro Dramático Galego (CDG), conxugou o verbo. «Razóns persoais», alegou. Razóns persoais son ese papel de celofán que adoita envolver desencontros, resentimentos, envexas ou condicións de traballo mellorables.Guede estivera xa catorce anos dirixindo a compañía pública galega,... [Lire la suite]
samedi 6 juin 2015

O NÚMERO ÁUREO NO CGAC: TRINTA TELEFAXES

O Hamburguer Bahnhoff amosaba hai anos o Mao feminizado e en technicolor de Andy Warhol. Botei un bo pedazo solitario mirando fixamente ese cadro no que fóra sala de espera da grandiosa estación de Hamburgo, en Berlín. Trataba de regresar coa imaxinación a 1972, cando esa brincadeira impactou no corazón da arte e foi asumida —e mesmo explicada— pola crítica. Non podía evitar lembrar a sentenza de Robert Hughes: «A sociedade ideal de Warhol cristalizou ao seu redor e aprendeu a amar a súa entropía». Hughes foi un crítico de arte que... [Lire la suite]
samedi 30 mai 2015

O NOSO BLOOMSDAY MELANCÓLICO

O 18 DE MAIO ACALMOU todo. Foi pasar O Día das Letras e calar a controversia. Tanto ten hoxe que Filgueira Valverde fose un cínico arribista ou un infiltrado valente porque rematou o 2015 cultural de Galicia. O ano comeza a principio do verán, cando a Real Academia Galega designa —cun sistema de votación vaticano no que elixe unha congregación de 25 persoas— a quen debemos ler e avaliar durante os seguintes meses. Nese momento iníciase un ciclo que se prolonga ata o 17 de maio do ano posterior. As Letras Galegas son o evento que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:47 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 22 mai 2015

DA LITERATURA TAMÉN SE SAE

  FRANCIA TIVO como ministro de Cultura ao escritor André Malraux, Galicia tivo como conselleiro de Cultura ao escritor Alfredo Conde. Ambos feitos son exemplos que explican a diferenza de tamaño entre ambas as culturas.  Estaba onte mesmo lendo na cociña a Allen Gingsberg. No poemario Kaddish (Anagrama) conta á súa visita ao cemiterio parisino de Père Lachaise en 1957 para visitar a tumba que tivo Apollinaire grazas a Picasso e Matisse. Gingsberg repróchalle ao poeta galo que sabía que «os políticos clasicistas... [Lire la suite]
samedi 2 mai 2015

'BASURA' NON É UNHA PALABRA ELEGANTE

O ESCRITOR Saul Bellow recolle en Todo cuenta a súa chegada a París en 1948. Aluga un apartamento no centro a unha señora. Bellow pregunta que ha facer coa basura. A señora irrítase: «Basura? En París a ninguén se lle ocorre facer semellante pregunta. A basura non é cousa súa. Basura non é unha palabra elegante». Tampouco lle deu un vocablo alternativo.Spike Lee comentou algunha vez que no seu barrio da infancia, Brooklyn, o lixo tampouco era un asunto primordial. «Nin sequera se recollía todos os días», recoñecía o director nunhas... [Lire la suite]

lundi 27 avril 2015

A MIÑA FANTASMAGORÍA ERÓTICA CON FRANCO

NUNCA LOGREI representarme a sexualidade de Franco. O domingo pasado fixen un esforzo intenso. Sentei nunha butaca que a miña muller me instalou no curruncho máis distraído do salón. Coloquei un biombo inspirado na Bauhaus e cubrín o conxunto cunha tea negra na busca dunha escuridade absoluta. Sentei, respirei calmosamente e esforceime en imaxinar o xeneral de todos os exércitos no recollemento concupiscente do seu dormitorio. Logo me decatei de que prefería a sexualidade suxerida e intelixente de Lois Pereiro a unha... [Lire la suite]
samedi 18 avril 2015

AS PEORES ANFETAMINAS DE OCCIDENTE

O LABREGO DE casa grande Estreptisíades protagoniza Las nubes (Alianza Editorial), a obra de Aristófanes que vén de publicar Alianza. Está preocupado porque o seu fillo soamente amosa interese polos cabalos. Acode en busca de consello á casa de Sócrates, «un caviledeiro de espíritos selectos». Ao petar na porta, interrompe unha reflexión do filósofo sobre se os mosquitos cantan pola boca ou polo cú. Aristófanes burlábase do seu coetáneo Sócrates. Amósao en Las nubes suspendido nunha cesta cerca das nubes que dan título á... [Lire la suite]
samedi 7 mars 2015

AS SETENTA PALABRAS PARA MATIZAR A CHUVIA

NON SEREI EU QUEN use como diana o investimento realizado no vídeo de Noche y de día, de Enrique Iglesias. Acepto o panorama deses millóns de mozos facéndose unha idea, nun abrir e pechar de ollos que dura 43 segundos, do que é Galicia. «Hay calor en la ciudad, hay calor en la bahía», nos informa o neto do doutor Iglesias, malia que non se atreveu a quitar a chaqueta no Carboeiro. Aínda considerou unha das nosas obsesións como pobo: o clima. O galego non vai ao psiquiatra porque queixarse do clima reconcíliao co máis íntimo do seu... [Lire la suite]
samedi 28 février 2015

LO ESTÁIS HACIENDO MUY BIEN

Disque as noivas de Pablo Neruda evitaban ler as dedicatorias dos seus poemarios. Lembraban con felicidade aquela vez na que leran o seu nome nun libro, pero sabían que emoción non se repetiría. O nome que lerían no volume de versos que Neruda escribira estando con elas correspondería coa nova amante do escritor. Cada nova dedicatoria tiña un dobre sentido: anunciar ao amor oficial que xa era pasado e ao novo que o convertira en presente, e mesmo en futuro ata que outra dedicatoria a derrocase no corazón que podería escribir os... [Lire la suite]