vendredi 10 juin 2011

VELLOS NOS PASOS DE CEBRA

OS SEÑORES QUE SE apostan nas beiras dos pasos de cebra métenme medo. Adoitan ser vellotes que teiman en ceder a súa preferencia aos coches axitando a man para cederlles o paso. Se o condutor non acelerera, eles nos cruzan. Son persoas que extreman a súa educación vial coa convición de que o automóbil, unha máquina poderosa que se popularizou tardeira nas súas vidas, é superior a eles. Cando conduzo temo avanzar e que, por un malentendido, eles o fagan asemade. Un pánico instintivo e remoto debeu de sentir Carlos Parra cando... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

vendredi 27 mai 2011

O GRAN GATSBY EN LUGO

A HISTORIA QUE lin onte confundiume tanto que comprobei que estaba lendo un xornal e non O gran Gatsby. Hai anos mirei a película na que Robert Redford ascende socialmente coma multimillonario e deume preguiza meterme no relato orixinal de Fitzgerald. A trama que contaba o periódico seguía o guión da novela: Gatsby chega ao cumio público erguendo especulacións sobre a súa fortuna. Hai quen di que xuntou tantos cartos vendendo alcool durante a Lei Seca, outros opinan que o caudal inmenso de diñeiro xa lle viña da casa por ser... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 20 mai 2011

15-M-1968

OS ARQUITECTOS que deseñan os xulgados de Lugo ignoraron algunhas necesidades. Esqueceron habilitar un ámbito para os contrariados. Diante da sede xudicial sempre hai unha persoa malvivindo en medio dunha fraga de carteis rotulados de indignación. Nunca paro lelos porque me desacouga asumir que non atoparei un drama tan verdadeiro en toda a produción de Hugo e Dickens reunidos, nin sequera en 'Enemigos íntimos', pero paréceme que todo ese vademecum rotulado da infamia está de máis porque nin o vento nin a choiva lle gardan respecto.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 13 mai 2011

O ENTREMÉS DE HERRERA

EU PREFERIRÍA que Ander Errandonea collese as bolsas de cadros que lle deron en Herrera de la Mancha e marchase para a casa con discrección. Non vou ser cándido e pedirlle unha enmenda á totalidade dos delictos que o mantiveron 25 anos en prisión, pero si que se quite do medio canto antes. El optou por representar o entremés do puño en alto e dese Eusko gudariak, que o meu avó materno cantaba cun motivo maior e unha entoación máis harmónica. Enviaba así unha mensaxe ao outro extremo, recibindo o eco agardado. Os grupos terroristas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 18 avril 2011

ANSEDES, O DETECTOR DE FUGAS

As redaccións dos xornais e as editoriais están habitadas por uns seres que se arredran a un curruncho e a uns horarios serodios, como se quixesen obviar que a súa función é tan inocua como se pensa. O corrector móvese polas páxinas coa intuición dun experto fontaneiro, debe ter a vista afiada para detectar a fuga. Henry Miller, que foi un deles, sentenza en Trópico de Cáncer (Galaxia), que “un bo corrector de probas parécese algo a Deus Todopoderoso: está no mundo sen pertencer a el”. Miller, que logrou un posto que o quitou da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 18 mars 2011

A BOMBA DOS NOVOS ROMÁNTICOS

A PRIMEIROS dos 80 houbo moreas de rapaces demasiado novos para estar fartos do brillo da mocidade e cruelmente vellos para estar no paro. Unha noite conxuráronse para disfrazarse e invadir os clubs. «Bailemos ata que caia a bomba», berraban a xeito de proclama. E durante as madrugadas de moitos días laborables e festas de gardar animaron as pistas alfombradas de neón de Londres, Manchester ou Birminghan. Novos Románticos, chamaban a aquelas feras da egocentria e o hedonismo. A bomba nunca chegou a caer sobre aquelas pistas de baile... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

samedi 5 mars 2011

O MEU DOBRE E MÁIS EU

ANDO FELIZ porque estou de estrea. Un mensaxeiro tróuxome á casa un dobre de min mesmo.A copia é fantástica; ten as miñas lentes, a mesmiña papada marcando unha parábola no queixo e camisetas como as que adoito vestir. Mesmo falou cos meus cativos e parece que se entenden. Sempre desexei un dobre, a xeito de Franco cando estaba asinando algunha condea a morte e non se lle apetecía inaugurar un encoro. Estou certo de que todos os mandatarios internacionais dispoñen dun dobre. Como non teño cartos, houben de facer a encarga a unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 25 février 2011

PASMIDESOLT

O XENERAL RUSO Kornilov acordoume onte pola noite. Estaba fritindo un ovo e calculando o que me subiría o custo de produción da cea por mor de Gadafi. A teima do ditador en esganar o seu país a milleiros de quilómetros da miña casa fará subir o prezo do gas para quentar a tixola. A maiores, deberei sumar o que repercutan os transportistas dos ovos, o aceite e o sal. Acordoume Kornilov porque suprimía a disidencia na Rusia de 1917 ordenando ametrallala. Daquela, non dispoñía de bombardeiros, coma Gadafi. A culpa de que se me encareza a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 21 février 2011

O SEGUNDO TIRO, POR AMOR

ARCADI ESPADA meteu a Javier Cercas nun burdel de Arganzuela, un lugar que así, lido a secas, soa a estar moi necesitado de amor. A verdade é que os lupanares foron de sempre espazos de recreo frecuentados polos escritores; sobre todo, como fornecedores de bocadillos ás catro da mañá. Agora o negocio mudou a unha repugnante explotación de raparigas importadas, polo que non imaxino a ningunha persoa en pleno uso das súas capacidades lectoescritoras -coñecedor, daquela, do cambalache-, dándolles uso. A historia naceu coma un xogo de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 14 février 2011

OS TENIS DOURADOS

NORRIS CHURCH foi ao baño no descanso dunha obra de teatro baseada nun texto de Norman Mailer para reparar unha desviación na pintura dos beizos. Unha descoñecida que saía dun excusado acarouselle e comentoulle: «Este Mailer é un porco marchista!» Norris sentiuse incomodada, pero termou das gañas de espetala contra o espello e pediulle que retirase o insulto. A outra muller buscou un apoio argumental: «Pero non leu vostede as súas obras?» Norris calou, rematou de amañar o carmín, gardou a barra e informou: «Linas todas. Estou casada... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :