15 avril 2017
DISPAROS VESPERTINOS CONTRA A LÚA CRECENTE
A PRIMEIRA VEZ que che morre un amigo sabes que é unha casualidade macabra. A segunda vez, comprendes que a vida é conducir por unha estrada na que se che cruzará unha árbore cando menos o esperes. Pero cando se encadean a terceira, a cuarta e a quinta...