Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
25 octobre 2005

CABARET VOLTAIRE

Prezados colaboradores de facendoamigos.blogspot.com

Vimos de trasladar o negocio á Spiegelgasse de Zürich, onde os animadores do Cabaret Voltaire nos fixeron un pequeno espazo. Pasen, acomódense, pidan champán (atentos aos sucedáneos, estamos na Primeira Guerra Mundial) e comenten.

Jaureguizar

Publicité
Commentaires
C
en primeiro lugar, alégrome de que teña vostede de novo un lugar desde o que escribir sen problemas, os seus inimigos deberían entender como jesulín que o importante é que falen dun, aínda que sexa para mal.<br /> <br /> despois, aí na súa terra de lugo hai dous poetas moi lexibles que lle recomendo: daniel salgado, cos días no imperio, e manuel darriba con calor. os poemas non perden nunca a corda do sentido e están moi ben. con esto non quero dicir que sexa malo perdela corda do sentido. pero en fin, supoño que me entendeu
Répondre
J
Si, Brautigan, o de súcubo é un chisco esaxerado. Escribiría máis ben demo porque pretendía expresar o meu noxo cara aos primeiros borradores das miñas novelas. Adoitan ser uns 30-40 folios que son o embrión dos 150 que acaban por ser os meus libros, pero dame preguiza ter que redactalos porque están en branco. Logo, vou aumentando sobre o escrito e é máis doado.
Répondre
B
¿un súcubo???
Répondre
J
Agradecía, nun comentario que non dei colgado, a Veloso por achegarse dende a outra beira do Miño e felicitaba a Gustavo e a Tío Pepín polos seus coñecementos. Tío Pepín, a poesía provócame ardores de estómago, así que o médico tenma prohibida por moito que me doa.<br /> O meu benquerido Flocon de Neige, a quen conto 'desenmascarar' cun encontro persoal nuns días, teño que pedirlle que faga acopio de paciencia porque xa está farto dunha campaña promocional que non fixo máis que asomarse polo horizonte (calquera día mirará un dirixible co título sobrevoando a súa cidade). Os meus inimigos confío en que o sigan sendo para cando saia o libro, a mediados de novembro.<br /> O cambio de blog estaba previsto para fin de ano, cando cadrase co primeiro ano, pero o spam acabou por adiantalo. ¿Haberá outro co vindeiro libro? A vindeira novela é un súcubo de 23 folios, ou sexa que haberá tempo de pensalo.
Répondre
J
É unha ledicia atoparse de novo con vostedes. Contesteilles, pero a miña lendaria torpeza chega tamén ata o centro de Zürich.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 822
Publicité
Publicité