MARÍA VICTORIA MORENO FINOU
Reproduzo nota: María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941-Pontevedra 2005), que se estableceu en Galiza 1963 e foi especialmente coñecida polo seu libro Anagnórise, finou esta tarde. Publicou numerosas obras infantís e xuvenís entre as que destacan Mar adiante (1973), Leonardo e os fontaneiros (1986, reeditada en 1999), Guedellas de seda e liño (1999, incluída na listaxe White Raven, do Centro Internacional de Lectura de Múnic, 2002), Xa non teño medo (1998), A brétema (1999) ou Anagnórise (1988, reeditada en 1997 e 2002, ano no que aparece na listaxe de honra do IBBY), coa que tivo un grande éxito na versión orixinal e nas traducións realizadas a outras linguas. Deu cursos de galego a través de asociacións durante o franquismo, e coa chegada da democracia continuou con este labor paralelamente á súa actividade docente pública.