Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
18 janvier 2006

ENTRE 'TIC TAC' E 'TRECE BADALADAS'

Suso de Toro terá novela do trinque para primeiros de febreiro. Entregarallo daquela á súa tradutora para que o publique Lumen en español no mes de maio. Un mes antes, poderemos lelo na versión orixinal; en Xerais, claro. O escritor avanza que o libro "estará entre o experimentalismo de Tic Tac e a narratividade de Trece badaladas". Abranguerá uns douscentos folios cos temas habituais nel: as relacións cos pais, a duplicidade, a identidade persoal, a creatividade. Admiro de De Toro a súa inquedanza por evitar repetirse e estou contento de que volva investigar nas técnicas.

Publicité
Commentaires
O
Como un servidor habita no espazo extragalego... na beira do Mediterráneo, un non pode acceder a todo canto se publica en Galiza, ergo as verbas de Eyre. O que aprendín hai tempo, cando botei os meus primeiros pasos como crítico literario, é que non vale aproveitar Pisuergas que pasan por Valladolid para falar das nosas teimas ou das nosas neuras... ou das nosas pedanterías. A maneira de frontispicio teño aquelas verbas de Cunqueiro, a propósito de cómo calificaba a un viño un colega seu de xurado: "Bo para un cocido"... así, tal cual, sen caralladas de retrogusto de baias e de xenebreiro e redondez en boca...
Répondre
B
agora que se falou aquí do vello Buk, Hank, Chinaski etcétera... hai algo que sempre me chocou profundamente deste fulano.<br /> se lede-los seus libros, nos que ó parecer conta a súa vida, teredes idea do que viviu.<br /> o desconcertante de todo este asunto é precisamente o pouco, pouquísimo que na súa vellez amosou ter aprendido da vida. o que non aprendeu e debera ter aprendido. o que non aprendera e o que por forza debera ter aprendido. ó final era o mesmo có principio. o caderno da súa experiencia vital quedara en branco. sempre me deu qué pensar. non me digades que a vós, de quitado never bukowski, non.
Répondre
J
A mín as críticas de Eyré gústame. Sabe de técnica e chega ao fondo dos libros. Outra cousa é que non se lle poida ler de corrido, mais tampouco incomoda tanto. ¿Non si?
Répondre
C
A longa diatriba anti-snob de never bukowski estivo realmente ben, aínda que non veña moito a conto do tema, acho. En todo caso, amigo chinaski, querería lembrarche o que dicía un amigo meu sobre o pracer solitario: máis vale unha boa palla que un mal polvo, e abofé que tiña razón. Suso foi un gran escritor, e tic-tac ou land rover son novelas moi boas, e das que o S.L.G. tiña moita fame. Ultimamente parece que escribe con algo menos de tensión e mala hostia que antes, pero seguro que retén algo do vello lume, seguro. Así que: forza suso!<br /> P.D.: O eyré non é harold bloom, malia leva, pero tampouco está tan tan mal, quero dicir, que se correspondo co nível dos que producen literatura neste noso querido país.<br /> bicos a todas
Répondre
C
Visitante, tranqui, que non vou analisar as túas frases. Pero non mexes fóra do pinico, tron. Tranqui, tranqui... le a reseña de Eyré e saberás porque escriben tan ben.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité