Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
21 août 2006

OS SUCOS DE FERNÁNDEZ PAZ

Agustín Fernández Paz prepara un volume de contos para o 2007. Sucos de bágoas será un feixe de contos sobre amor e desamor. O título foi tirado de 2046: "Todas as nosas lembranzas son sucos de bágoas".

Publicité
Commentaires
B
opino que un argumento políticamente correcto pode dar para 140 e máis páxinas se o narrador sabe narrar, como adoita se-lo caso. e nada falei desoutros aspectos dunha novela que compoñen tamén, ó meu xuizo, a calidade literaria, por tanto non os neguei.
Répondre
J
Discrepo que sexa culpa moralina que hai en moitas obras de LIX. A moralina non enche 140 páxinas. Hai desprezo polo público ao que se dirixen e ignorancia da súa calidade.
Répondre
B
captada a ironía das siglas.<br /> tiña eu un profesor de galego que calificaba ós autores "especializados" en literatura infantil e na xuvenil como autores menores. non son desa opinión. pero si entendo que o prestixio que teñen acó estas literatura, pouco en relación a premios recibidos e a público lector, éo polo elevado nivel de moralina que caracteriza as máis destas obras, e Fernández Paz non é excepción.
Répondre
J
Entendo que vai ser LIX porque Fernández Paz sempre rexeitou pasara á LPA (literatura para adultos). Con 'Aire negro' houbo un intento de metelo nunha colección LPA e el rexeitouno. Hai moitas obras de AFP publicables para adultos ('Corredores de sombra', sen ir máis lonxe), mais eu deduzo que el se sente máis cómodo na LIX. Mágoa porque hai lectores que non collen unha novela para rapaces nin que lles caia do andel e non coñecen a AFP nin outros autores igual de estupendos. Eu xa defendín que os nosos escritores de LIX son os que mellor dominan as técnicas da novela.
Répondre
B
un libro non dirixido nomeadamente ó público i-x, debe entenderse? (hai preguntas grisallas que non poden eludirse)
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 799
Publicité
Publicité