Obrigadiña, moderado. A propósito, para información de Don Jaure, Alfaguara perdeu a Muñoz Molina(comentario literal de corredor desa "santa" casa), ou sexa, que me reitero: é ela a que ten boa relación no grupo, non el.
A impecable argumentación de Valga Me vai a misa. Ben faría o barman deste garito en recoñecer que, neste combinado, meteu o zoco até o fondo, e que o mesmo é imbebible.
De entrada, confésolle que non acabo de captar a relación do texto de Mendicuti co tema e, de saída, direille que sería conveniente que lese con máis atención os comentarios. Creo que dixen claramente que unha cousa é que esta señora escriba mellor ou peor, sexa máis simpática ou menos, e outra moi distinta é dicir que o único que fixo na vida e polo único polo que a poderían chamar para unha actividade intelectual de tantísimo nivel como é dar un pregón (válgame cristo!) é ter escrito o guión das Mama Chicho. O mesmo sería aplicable ao señor Ussía, penso. Unha cousa é que sexa un facha redomado e a moitos nos poña do fígado a súa soa imaxe, e outra moi distinta dicir, por exemplo, que este home o único que fixo na vida é vestir traxes das mellores sastrerías de Madrid.

Elvira Lindo é unha tipa bastante petarda e seguramente a calidade da súa obra sexa máis do que discutíbel (eu só lle leo moi raramente as súas columnas unha vez que rematei as partes que me interesan do xornal e non teño mellor que facer), pero se é coñecida por algo non é precisamente polos guións eses en que vostede insiste.

No referente á explotación das conexións do marido con Prisa etc., pois que quere que lle diga, igual lle vai ser outra mamarrachada de afirmación. Se vostede indagase un pouco na traxectoria editorial de ambos dous personaxes, decataríase de que dos dous a que é un produto 100% Prisa é ela, non el. Ela (a excepción de algúns libros infantís para SM) sempre publicou dentro de Prisa, mentres que el estaba máis vinculado á competencia. Así que, ao mellor, e digo só ao mellor, é dela de onde lle veñen a el as conexións en Prisa e non ao revés...
Valga Me, nunca se me ocorrería afirmar que un triste como Muñoz Molina escriba para que asine a súa muller. O personaxe non me interesa, pero tampouco penso que escriba as "mamarrachadas" que asina a súa señora. Ao que me refería é que estar casado/a (disimulo a misoxinia) cun escritor da influencia en Prisa e no PSOE de Muñoz Molina foi decisivo na carreira da ex guionista das Mama Chicho. Entendo que me salienta que Lindo escribe columnas no País (ignóroo porque non leo prensa de Madrid), pero tamén Ussía asina nun dos principais xornais do Estado: trátase de contidos non de ter unha columna. Sobre os pregóns, pois si, Norma Duval tamén os deu, e mesmo Ramoncín, pero eu de Barcelona agardo outra cousa. Certo que a pregoeira Lindo ten ata obra ensaística; segundo a ligazón que vostede remitiu con obras de alcance como 'Tinto de verano I' e 'Tinto de verano II'. Hai uns anos lin unha columna de pensamento de 'Tinto de verano'. Contaba a señora Lindo que o seu "santo" non atendía a unha conversa postcea con ela porque estaba escoitando música clásica e lendo un libro moi denso. Recoñecereilles unha cousa, Valga Me e Moderado, a señora Lindo ten moiro mérito de atopar algo gracioso en Muñoz Molina.
Autobiografías impunes

EDUARDO MENDICUTTI

(...) No me extrañaría nada que empezaran a salir autobiografías de escritores que están hasta las narices de sí mismos, como Esther Tusquets, o biografías autorizadas y llenas de intertextos, tan bien pensadas que queden impunes. No vale, desde luego, contar que uno empezó su carrera literaria trabajando de guionista para las “Mama Chicho”, porque eso lo hizo Elvira Lindo y no le ha importado confesarlo, pero a lo mejor colaba el farol de asegurar que uno es el autor del guión de La ciudad no es para mí, una película horrible, aunque la mar de rentable, de Paco Martínez Soria: el verdadero autor de ese guión, excelentísimo hombre de letras, a lo mejor no lo reconoce ni muerto, así que no se atreverá a denunciarlo a uno por plagio. E igual ocurriría, digo yo, si el escritor desconocido cuenta que nació en un pueblo manchego con nombre poco glamuroso, pero que lleva toda la vida asegurando que es de Córdoba porque resulta más chic y más omeya. O que, antes de desposar a una aristócrata total y tener montones de cuartos de baño palaciegos a su disposición, frecuentaba mucho, quizás por urgentes problemas de angurria, los urinarios de la estación de Atocha. O que fue el amante remunerado de un refinadísimo escritor y cineasta francés que se dedicaba a dar garbeos por España en busca de la belleza primitiva...