Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
18 avril 2007

UNHA CHISCADELA DE WONG KAR-WAI

Hai uns días estiven mirando unha película de Wong Kar Wai do ano 2000, e reparei en que, a habitación que aluga o escritor do filme é a 2046, título que usou o director na cinta do ano 2004 (Seguro que agora xurde o sabichondo máis sabichondo do cinema nacional e tailandés:-) e inclúe unha ligazón de hai tres anos no seu blog na que sinalaba este detalle e eu quedo coma un parvo).

Publicité
Commentaires
A
Amigo Brautigan: xunto as palmas das miñas máns, levoas á punta do naris e fago unha reverencia de agradecemento. Canto aprende un por internet.
Répondre
B
arumes, en Wong Kar-Wai, o nome debera ser Wai, ou Kar-Wai.
Répondre
A
Amigo Pawley: en que lugar hanse proxectar hoxe as películas para que acaden o prestixio necesario? ;)
DE tódolos xeitos, ver como lle rebanan certas partes nas pelis de Kim Ki DUk nos centros comerciais é fetén, fetén: as fucking pop corn quedan para sempre na gorxa dalgún indocumentado que cre entrar por mirar unha de chiños.
Répondre
M
Entre "2046" e "Desexando amar", seguramente eu tamén escollería a segunda. E á cabeza dos meus WKW favoritos tamén está "Happy together".

Dos asiáticos: co tailandés Apichatpong nin o intente porque non lle vai gustar. O chinés Jia Zhang-ke é posíbel que lle interese algo; eu empezaría con "O mundo". As de Kitano e as de Kim Ki-Duk agora as estrean até nos centros comerciais, así que xa perderon interese ;-)
Répondre
S
Eu non é por malmeter (qué é) pero 2046 é algo tan simple como a segunda parte de Desexando amar. Para min, dúas pezas maxistrais con ese ritmo hipnótico de imaxes e son. O director de fotografía é o mesmo en ambas as dúas, responsable dese fetichismo sutil tan fascinante.

Bicos
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité