Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
25 avril 2007

(primeiras plastilinas)

¿Que estás a ler?

PLASTILINA NOS PULMÓNS: O día que Jaure se preocupe do estilo será un novelista magnífico. Até entón é só un novelista (que non é pouco). Martin Pawley

PLASTILINA NOS PULMÓNS, de Jaureguizar (Tambre): un novo prato a base de boa carne e escasa guarnición. Estamos aínda degustando... Ferreiro

Plastilina nos pulmóns, de Jaureguizar

"Plastilina nos pulmóns, de Jaureguizar, é un libro apresado, infelizmente. Ofrece un nó temático suculento, co atractivo do exótico e do épico, así como da aventura de riscos extremos e da revelación das orixes individuais, o grande misterio, o máis atraínte para todas as idades.

Mais falla nos momentos máis emotivos, cando a descrición das emocións sobrecargadas das personaxes nun clímax sentimental de morte, vinganza e traizón debe ser prudente e estremamente calculada que non produza falta de verosimillanza; porque nese caso a ficción sucumbe, e unha idea de partida ben levada disfruta da gloria efímera dunha torre de naipes. Si, iso foi a miña experiencia de lector: Plastilina nos pulmóns é unha obra de grande potencial que se derruba a causa dun deficiente cálculo de necesidades estruturais. Infelizmente, a ilusión que xerou en min desde o inicio este edificio ficcional non atinxiu o día da súa inauguración". O Levantador de Minas

Publicité
Commentaires
N
Agradécese que sexa como é. Aberto ou mesmo escanchado con todas as opinións, mesmo coas que tratan de vostede, que xa debe ser difícil. Por eso sempre volve unha con gusto por aquí, a rehidratarse.
Répondre
A
Disculpe, Jaureguizar, porque temo que non me expliquei ben, e iso é o mínimo que lle debo se me permito facer unha crítica, aínda que moi modesta, da súa obra. Cando falo dunha situación de "emocións sobrecargadas" non me refiro ao que vostede describiu, senón ao que eu presupoño que debía vostede ter descrito e non fixo. Opino, por tanto, o que tantas veces recoñece que lle critican: que en situacións de evidente (para min ao menos) sobrecarga emocional dos personaxes estes reaccionan de xeito (e agora vén unha hipérbole) case indolente.
Por outro lado, por segunda vez, teño que recoñecer, criticar unha obra súa me produce sensacións moi contrastadas. Sucede que ao criticar as súas obras sempre teño ao final a sensación de ter sido duro demais con elas, ao tempo que ao iniciar a nota crítica teño a necesidade de conter unhas excesivas ansias de corrección. Creo que se debe a que a súa inventiva me cautiva ao tempo que o resultado final me molesta, e non sei se ao final acabo por ser xusto coa súa obra.
Agradezo a consideración que afirma ter pola miña opinión, pois non podía aspirar a tanto en tan pouco tempo e con tan pouca cousa.
Pode crerme cando lle digo que as miñas críticas van destinadas en primeiro ao melloramento da miña sensibilidade, e en segundo á hipotética utilidade que delas poda tirar vostede e outros que nestes debates participen. E que se teño a oportunidade de que vostede lea algo meu co mesmo espírito crítico e limpo que tento eu ofrecer, me sentiría moi honrado de recibir as súas opinións, por duras que fosen. Arrieiros non somos, mais ben podemos acabar sendo.
Alfredo Ferreiro (Levantador)
Répondre
J
O primeiro, Levantador, quero agradecerlle a súa lectura e o seu comentario. Os escritores sempre mentimos ao dicir que non lemos as críticas; os críticos sempre menten cando din que lemos todas as críticas: eu leo algunhas críticas que considero que me poden axudar a mellorar e as súas, por suposto, están entre elas.
Deste comentario seu, sorprendeume que me reproche as emocións sobrecargadas. Non porque negue que as haxa, senón porque adoita sinalárseme o contrario: a frialdade coa que reaccionan os meus personaxes diante das traxedias. A verdade é que eles son fatalistas coma min, mais non teñen a culpa: carecen de vontade de seu. Tomo nota, logo, neste complicado camiño de intentar escribir boas novelas de aventuras. ¡E aínda son maioría no país os que desprezan a literatura de xénero!
Répondre
E
http://olevantadordeminas.blogaliza.org/
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité