Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
18 juin 2007

CONTEMPORÁNEOS

Recibo informacións que me descolocan. A Bram Stoker, a forza de identificalo co seu personaxe, non o imaxinaba contemporáneo de Conan Doyle, e resulta que este convidouno á súa segunda voda. Tampouco pensei que Agatha Christie fose contemporánea de ambos os dous e a súa famosa desaparición produciuse nos últimos anos de Doyle.

Publicité
Commentaires
J
Xa que anda polo local, señor Fraga, quixera eu que nos informase do uso que se lle dá á lanceta para cabalos. Grazas.
Répondre
X
Mirei os 200 cabalos na edición inglesa, que utiliza a seguinte expresión: 200 HP. Hp é a abreviatura de horse power, é dicir, cabalos de potencia. Podería ser tamen hire purchase, compra a prazos, pero imaxino que o fillo dun millonario non precisaría desta fórmula. Creo que quizais lle pareceron excesivos 200 cabalos para a época do libro, e, como non son ningún experto en coches, procurei na Rede: en 1909 Benz fabricou o Blitzen Benz, de 200 HP, co que bateu a marca dos 200 quilómetros por hora, polo que parece factible que dúas ou tres décadas máis tarde un mozo rico puidese esnafrarse nun coche de similar potencia.
Alédome que gustara da entrevista con Barnes; a versión inglesa formará parte dun libro de conversas co autor que publicará no 2008 a Universidade de Mississippi.
Répondre
A
Estimado X. Fraga: Na páxina 368 leo: "O fillo dun millonario matárase nunha traxedia automobilística
mentres conducía o seu coche de 200 cabalos de potencia". Cómo pode ser?
Por certo lín a entrevista que vostede lle fixo a JB. Extraordinaria e moi interesante.
http://rinoceronte.es/blog/?p=156

Répondre
A
Estimado X. Fraga: Na páxina 368 leo: "O fillo dun millonario matárase nunha traxedia automobilística
mentres conducía o seu coche de 200 cabalos de potencia". Cómo pode ser?
Por certo lín a entrevista que vostede lle fixo a JB. Extraordinaria e moi interesante.
http://rinoceronte.es/blog/?p=156

Répondre
J
Eu agradecería que o señor Fraga non nos privase os outros lectores de Arthur and George do pracer que informarnos sobre esas notas.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 829
Publicité
Publicité