Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
18 septembre 2007

MAPA DO SITIO

"¿Planificas as novelas?". É habitual que haxa algún curioso que me pregunte que se traballo nos romances con plan previo. Eu, daquela, penso en se alguén lle preguntase a Gallego Jorreto: ¿Planifica vostede as súas obras ou constrúe ao chou?" Con todo, a pregunta non é unha parvada porque hai unha chea de meus colegas de sistema literario non fan un estudo previo das súas novelas. Así saen, presentando a toda a familia na primeira páxina ou perdéndose en desenvolvementos que se fan interminables ao lector; e coloco xa a un lado aos prosapoéticos. O meu plan de traballo bebe directamente de dous mestres, aínda que o adapte ao meu xeito de facer. Estas son a quilla e mais a caderna mestra do meu vindeiro romance.

ESTRUTURA

PÁXINAS 1 A 15

1-PRESENTACIÓN DE PERSONAXES PRINCIPAIS

2.-INICIO DA TRAMA PRINCIPAL

PÁXINAS 25 A 50

3.- INICIO DA TRAMA SECUNDARIA. PRESENTACIÓN DE PERSONAXES SECUNDARIOS.

4.-PRIMEIRO PUNTO DE XIRO DA TRAMA PRINCIPAL

5.-DESENVOLVEMENTO DA TRAMA PRINCIPAL

5.-PRIMEIRO PUNTO DE XIRO DE TRAMA SECUNDARIA

PÁXINAS 50 A 70

6.-DESENVOLVEMENTO DA TRAMA SECUNDARIA

7.- SEGUNDO PUNTO DE XIRO DA TRAMA SECUNDARIA

8.- SEGUNDO PUNTO DE XIRO DA TRAMA PRINCIPAL

8.- CLÍMAX.

PÁXINAS 70 A 80

9.-FIN DE TRAMA SECUNDARIA

10.-FIN DA TRAMA PRINCIPAL

Publicité
Commentaires
J
Sobre o cinema dos últimos quince anos, eu pouco poido comentarlle porque a maioría do que miro é cine negro dos 40/50, mais penso que Wong Kar Wai ou Lars Von Trier mudaron fondos e formas nesa arte.
Répondre
J
Manuel María foi coherente:reclamábase popular e ten unha obra popular
Répondre
J
Non teño tan claro que eu intente facer obras de arte. Teño claro que me dedico ao mundo do espectáculo. É curioso que, eu que non me sinto nada popular nin nada comprometido co proletariado, escribo libros que poderían entender os proletarios; ao contrario que todos eses escritores tan abundantes no territorio nacional, que deben de ter maniotas de tanto erguer o puño na defensa do povo galego e que logo escriben unha cousas estupendamente exquisitas. Despostas ilustrados os chamaban noutrora.
Répondre
E
Si, tamén do seu sentido e da súa intención de crear OBRAS DE ARTE. Por iso non me interesa nada o cine dos últimos quince ou vinte anos.
Répondre
J
Prezado Evidente, esta planificación é de 80 folios porque esa é a estensión que fixei para a novela. O que fixen foi adaptar un guión de cinema ás miñas necesidades narrativas. Os literatos deberíamos aprender moito do cinema, e non soamente guións, tamén do seu sentido do espectáculo e da industria.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 829
Publicité
Publicité