Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
14 octobre 2007

OUTRA VOLTA DE PORCA DA NOVELA NEGRA

Disque a novela negra volve a volver. Desta volta volve con trasfondo social. Tusquets mercou un borrador do que será o vindeiro Mankell, que se chama polo de agora O chinés e que vai dun asasinato que comeza en Virginia e vai dar á China postMao. Outra das compras é un romance de Petros Markaris, un autor grego e benquerido neste cabaret. Pola súa banda, Destino traducirá para o español o primeiro tomo da triloxía Millenium de Stieg Larsson, que se titula Os homes que non gustaban das mulleres. Esa mesma editorial anuncia as novelas Kalteis e Tannöd de Andrea Schenckel, mercadas a Nautilus, que as mudou en macrovendas malia o seu tamañiño. De Francia chegou a España, vía Siruela, Fred Vargas, moi eloxiada na Literaturen.

E fóra da novela negra, e nin sequera sei (aínda que supoño) se anda á venda en Frankfurt, os editores galegos deberían interesarse por Klas Östergren, o sueco que anda queimando os andeis europeos grazas á tradución para o inglés do seu Gentleman, que apareceu vinte anos despois de ser editado o orixinal.

Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 822
Publicité
Publicité