AS FOBIAS DE AMIS
Amis segue negando padecer fobias. Yasmin Alibhai-Brown acusouno agora de islamofobia por non distinguir entre a minoría violenta e crente, e a maioría pacífica e crente. Amis bótalle as culpas ao crítico marxista Terry Eagleton, que tirara das declaracións do novelista sobre que "a comunidade musulmana terá que sofrer as consecuencias ata que poña orde na casa", que Amis fixo tras descubrirse un intento de musulmáns para facer voar e caer avións sobre o Atlántico. Defendía que os musulmáns debían mirar coutadas as súas liberdades para "poñérense firmes cos seus fillos". Eagleton aproveitou estas reflexións, sen dúbida inxustas para coa comunidade islamita, para asegurar que Amis aprendera máis cousas ca escribir do seu pai, "racista e pailaroco antisemita, borrachuzas que poñía a feder ás mulleres, aos homosexuais a aos liberais". Amis asegura que logo lle veu o arrepentimento.