27 novembre 2007
A FLOR DE SCHMITT
O señor Ibrahim e as flores do Corán é un libro bonito. Eu chamo libros bonitos a eses que son falan sobre feitos extraordinarios dun xeito sinxelo e me provocan emocións, me divirten a cachos e me causan tristura a bocados. Eric-Emmanuel Smichtt manexa ben eses mecanismos que poñen en marcha a reloxería do corazón. A única pega que lle presento é que me gustaría que tivese escrito trinta folios máis para afondar nas relacións do rapaz co seu pai. Polo demáis, é unha lectura fascinante. Se xa se lle ve dende o primeiro: "Aos once anos, rompín o meu porquiño e fun visitar as putas". Empezando así, non se pode seguir mal.
Publicité
Commentaires
J
N