SLEEPY HOLLOW FALA GALEGO SEN GORXA
Perdimos ben de tempo de tempo discutindo sobre a nosa literatura debería ser tamén de xénero e mesmo se debía tratar os xéneros como algo de seu. O debate sempre me semellou absurdo para unha cultura que pretendía ser normal. Tomás González Ahola, Pablo Fuentes e Cristina Felpeto tamén o entenden así e crearon Urco Editora, unha casa especializada en terror, ciencia ficción e fantasía que tirará unha ducia de libros ao ano. Comenzan o día 20, cando presentan a editora co corvo de Poe, da man de Moisés Barcia. Logo, contra fin de ano ou a primeiros de ano quitarán o Sleepy Hollow. Logo sairá un título de Howard e empezarán a alternar os da colección Urco Gótica cós de Urco Ciencia Ficción e Urco Fantasía. O seguinte de gótica será Lovecraft, ese señor que tanto gusta a Agustín. O volume de Hollow será o primeiro dunha serie de minilibros.