90-60-90
Linlle a Camilo Franco por algures (non son quen de atopar o artigo, perdón) que había unha xeración de escritores sen definir. El daba as cifras 60 e 90. Eu concordo co señor Franco en que hai unha chea de autores que empezaron a publicar nos 90 e que agardan para ser catalogados coma esas caixas de libros que se doan ás bibliotecas e que pasan anos nun curruncho ao pe da biliotecaria. Eu fixen un intento, cun minidebate que resultou bonito, e mesmo ousei a intentar agrupar á xeración do novo século, dando lugar o meu comentario a outro minidebate e outro debate ben suxestivos. O meu traballo é o de periodista e, como tal, intentei apuntar dous fenómenos: un que levaba tempo rodando e outro que agromaba. Pero os xornalistas contamos noticias, non facemos análises. Compriría que as persoas sabedoras arriscasen a organizar teoricamente o couso.