Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 janvier 2008

NON SOAMENTE AS FEIRAS LITERARIAS XERAN LEAS

Ollo de Vidro propónme que entre nun debate precioso. Eu pouco sei do tema, mais, como periodista, estou afeito a opinar sobre cuestións que ignoro largamente. Rubín discrepa da promoción colectiva que Cultura está facendo da BDG porque a igualdade trae canda ela desigualdade ao equiparar calidades e esforzos, e porque lle cheira a populismo electoral. Cando menos, aledémonos, dende que entrou o BNG no goberno podemos criticar a política cultural de Cultura porque pasamos da nada a termos unha política cultural. A presenza dos nosos debuxantes en Angoulême baixo unha marca é positiva, como observan Da Silva e Gutiérrez, porque Rubín e o seu desbordante talento non abondan para saír fóra nin para mantérense e as exportacións deben de intentarse sempre en grupo a fin de que poidan ser efectivas e continuadas no tempo. Tamén é suxestiva a proposta de Rubín de convidarmos a editores estranxeiros a visitaren as dúas nosas feiras maiores. Aínda que el o limita a presentarlles traballos previamente escollidos, compriría amplialo a que ofrecesen obradoiros de edición de BD e para que nos informasen persoalmente dos perfís de tebeos que andan procurando. Estou en desacordo radical con el no seu rexeitamento á identidade: a cada volta é máis importante ten un lugar, unha lingua e unha cultura de ubicación. Outra cousa é que el, por unha cuestión profesional ou de convición, escriba os seus diálogos en español e asuma referencias españolas.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Ollo de Vidro, concordo en que se isto é electoralismo, pois que fagan máis e tamén en que traer e levar non son incompatibles. Apertas.
Répondre
O
Ante todo moitas grazas por recoller o debate e dar a túa opinión. Moi brevemente (polo de agora decidín non intervir no blogue de orixe, así que tampouco ten moito sentido opinar aquí indirectamente):

-Coido que Rubín trata conxuntamente asuntos diversos. Estou convencido de que pode haber unha vontade de rentabilización electoral das iniciativas implicadas (e comprendo que, sendo el persoalemente afectado, se anoxe). Pero iso non implica necesariamente a total ineficacia da mesma.

-Rubín propón a idea de traer editores a Galicia coma alternativa, cando non é tal, isto é, as dúas iniciativas (ir e traer) son perfectamente compatibles.

-Comprendo que a marca de BD galega poida soarlle a publicidade vacuna, pero a Xunta non ten competencias alén de Galicia, se se dan iniciativas de apoio á BD galega pola Xunta a creación dunha marca que as identifique é un mal (de selo) insignificante, do que non se debe deducir máis identidade respecto o producto que o lugar de orixe (mesmo nen iso) de que o crea.

E para querer ser breve, xa estivo ben. Unha aperta.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 578
Publicité