3 février 2008
A VER SE VAI SER CERTO O DA INSPIRACIÓN
Aconteceu de madrugada. Alá foi un mes que empecei a muiñar nunha novela que teño de rematar contra fins de marzo. Hai unha semana dei alumeado o arrinque, pero cada vez que tiraba do bico dese fío na procura do resto da trama, se me rachaba. Esta madrugada, arredor das catro, acordei e empezou a corretear polo meu maxín a novela completa. Erguínme, por suposto, ainda non ben esperto, e esborranchei un folio cos fitos da trama que se me apareceran.
Publicité
Publicité
Commentaires
J
A