Ata onde puiden informarme temos dous novos WhiteRavens. A maiores, OQO recibirá unha mención especial no Bologna Ragazzi Award e Marisa Núñez foi premiada pola fundación suíza Espace Enfants polo seu libro 'Chocolata'.
Prezado Martin, eu xa aclaraba que era ata onde puiden informarme. Botei unha olladela á web dos ravens pero foi ás presas e non dei atopado máis. Vostede déixanos coa intriga no seu blog. Así que fico con dous dos tres corvos.