23 novembre 2008
SEÑORA QUICKLY (ELENCO DE PERSONAXES DE 'O GLOBO DE SKP' III)
En realidade, chámase Celia Mandiás e é ama de chaves. Rexe a vida do pazo no que está ambientado 'O globo de Shakespeare'. Entrou na casa sendo unha rapariga e no que leva máis de medio século. A xenerosidade vai canda ela, pero é quen de ser cruel se detecta unha ameaza ao seu poder. O seu carácter é disciplinado, ascético, dominado polo deber e a moral. Fisicamente é enxoita e fibrosa, camiña erguida e ás présas, polo que Ricardo alcumouna Señora Quickly. Sente paixón polos paxaros, ata o punto de que dá as horas con razas deles. Recende a aceite de oliva virxe. Tivo un novio mariñeiro cando moza, pero el desapareceu.
Publicité
Publicité
Commentaires
V