Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
22 décembre 2008

OS ACTORES DAS NOVELAS SON MÁIS GUAPOS

"A universidade escocesa de Heriot-Watt vén de confirmar a tese doutoral de Cervantes: un estudo asegura que «as comedias románticas xeneran falsas expectativas". A conclusión parte da análise de corenta películas moi vistas en todo o mundo e de confrontar as ideas sobre o amor que xeneran nos espectadores e as súas relacións reais.

(Artigo en Galiciae )

Publicité
Commentaires
C
Ten a súa novela compoñentes do tan traído monólogo interior (unha definición válida, ese costume por poñerlle nome ás cousas), de diálogo múltiple, de travelling cinematográfico e mesmo algúns compoñentes televisivos, quizais a fragmentación...<br /> Vostede é o director. Facer unha película é algo moi custoso no que interveñen moitas persoas, custa moita pasta e a maioría das veces o resultado adoita ser decepcionate. Primeiro para o autor, salvondo as excepcións e segundo para o lector que cando ten o libro nas súas mans o fai seu. Hai un cambio de papeis. Ás veces acodo a ver un partido de fútbol, obriga do traballo, non entusiasmo e sen esa paixón, un na bancada é o realizador. No campo decátase que a retransmisión televisíva é unha representación, pero estando presente, un convértese no adestrador, no xogador e, sobre todo, no realizador. Pon o ollo onde máis o desexa, ningunha cámara filtra os planos.<br /> Coas novelas, unha vez rematadas, acontece algo semellante se é de calidade. Pasoume coa súa, estimado Jaure, o lela un pon cara aos personaaxes, aos lugares, ás situación... iso é realmente extraordinario, marabilloso; o que mantén viva a lapa da literatura. Unha carreira de relevos, o escritor cede ao lector á historia para que a leva á meta. Coa súa novela deume un pouco de mágoa rematala polo que me gustou e por quedar enganchado, se cadra debe ser así.<br /> Quero dicir que un constrúe na cabeza a historia, está escrita, sólidamente escrita, pero dálle luz. Pero o ser tan cinematográfica vexoa no cime, estaría moi ben: bos escenarios, plantexamento, dramatismo, humor elagante, certos guiños e estaría ben vela no cine ou na tele. Aínda que sería ben diferente a cómo a "ve" cada lector. Non lle prestarría ver ao Leandro, ao Ricardo...? na pantalla grande sobre fondo negro.<br /> Cos nosos mellores desexos para estas tristeiras datas e co desexo de continuar este intercambios verbais, reciba uns corsarios saúdos!!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 822
Publicité
Publicité