Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
22 août 2009

HAI CÍRCULOS QUE MATAN

Artigo en El Progreso:

SON INCAPAZ de distinguir entre os uniformes dos policías locais de Lugo e os que visten os vixilantes da ORA. Non me atrevo a afirmar que sexan tan semellantes como para que sexa un problema xeral. Debe de ser cousa miña, culpa de que a percepción da realidade e máis eu nunca nos entendemos de todo. Cos equipamentos dos reguladores do tráfico na miña cidade pásame como coa novela negra (ou policial, ou de intriga, ou misteriosa). Fred Vargas asegura que ela non escribe novela negra, senón «de enigma». O morto tanto ten, quere dicir. Nalgúns libros, está de máis. John Franklin Bardin estragou a que prometía como unha das mellores novelas negras, ‘O percheirón mortal’ (1946),introducindo un morto que ninguén lle pedira. Cos libros de Bardin (Cincinatti, 1916-1981) pásame como cos teléfonos móbiles que me compra a miña muller: non deixo de admirarlles a sofisticación nin de preguntarme senón funcionarían mellor con menos botóns. Recoñecerán que a trama de ‘O percheirón mortal’ chama a ler: un home ve un percheirón cun lazo rosa cada vez que mira pola ventá da casa. A trama marcha como un tren por Mitteleuropa ata que Bardin, reparando en que quere ser escritor criminal, coloca un cadáver á vaicheboa. Fred Vargas uniforma as súas obras dun xeito semellante. En ‘El hombre de los círculos azules’ (Punto de Lectura) provoca que un señor trace círculos con xiz azul polas beirarrúas de París. Nun deles pousa unha morta, pero ao xeito. Por iso, desacóuganme os señores uniformados trazando círculos laranxas no chan de Lugo. Dixéronme que son os dos gas, pero evito pasar por onda eles.

Publicité
Commentaires
D
Disimúleme a impertinencia, mais non me estará confundindo unha outra novela coa de John Franklin Bardin? Na que lin eu, o cabalo unicamente aparece no medio e medio de Nova Iorque cando matan dous personaxes femininos.<br /> <br /> Un saúdo.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 835
Publicité
Publicité