MARÍA NAVARRO: "A MESTURA DE FICCIÓN CON HISTORIA (EN TINTIMÁN) SEMELLA UNHA BOA FÓRMULA"
[DA MESMA FORMA que neste volume é Santiago de Compostela a cidade marco que alberga as pescudas do protagonista, outras urbes galegas como A Coruña, Lugo, Ferrol, Pontevedra ou Vigo serán visitadas por Tintimán para desvelar os misterios que se agochan nas súas construcións, nas súas rúas centenarias ou mesmo nos recunchos máis insospeitados. E é que a mestura de ficción e fantasía coa historia semella ser unha boa fórmula para atraer e encantar o lector de hoxe en día que busca entre liñas coñecer os recantos caprichosos do destino, descubrir claves do funcionamento de comunidades ancestrais, atopar explicacións a feitos pasados ou marabillarse cos submundos que se perpetúan baixos os nosos pés. Eles dirán!], Crítica de MARÍA NAVARRO no Faro das Letras.