Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
21 mai 2010

POUCO OFICIO DE PALABRAS

Caneiro sempre me pareceu un comunicador torpe. Unha cousa é que sexa un tipo intelixente e que saiba moito de literatura, como é innegable, e outra coñeza técnicas para transmitir iso. Desconfiaba de que fose rebater a miña opinión co programa que lle outorgaron para amarralo cun nú máis ao maste de Ulises ao que el mesmo se atou. Caneiro compareceu ríxido no seu debut televisivo, algo lóxico pola responsabilidade, pero sorprendeume que non se dese relaxado na media hora de espectáculo, como manifestaba o seu constante espasmo de entrecello. A sorte foi que o seu convidado foi Rámón Villares, un home solidamente educado e moi pousado. Calquera outro teríase acendido diante da escaleta deslavazada que lle recitou o verinés, con aquela entrevista na que pasaba dun asunto a outro sen dar establecida a transición lóxica. Villares acertou tamén sendo respectuoso para transixir as continuas interrupcións nas que o condutor o interrumpía para concederlle a súa aprobación e ceibarlle unha columna de opinión. Daquela o presidente do CCG miraba para os focos do teito ou buscaba algún reloxo que lle contase os segundos fóra, supoño que preguntándose se o verinés o levara ao seu programa para que respostase ou para que lle confirmase que a reiterativa presenza do verinés na televisión que financian os nosos impostos está baseada na súa achega intelectual e non no que sabemos moitos. Con todo, dubido se foi peor a carta en branco ao filisteos coa que se despediu ou a posta en escea. A vontade de protagonismo estaba clara na escolla do traxe prateado e brillante, e na disposición en plató a ambos os lados dunha mesa revernizada e escura, pero resultaba infimamente televisiva.

Publicité
Commentaires
N
eu non entendo por que o señor Santiago ten que estar sempre metendose con Caneiro.<br /> Vostede non ten mais que facer que meterse con el?
Répondre
T
Escoiteino o día anterior nas mañáns da radio galega, onde novoa lle preguntou algo asi como se estaba disposto a entrar no "corpo a corpo" con outros escritores cos que se cruzou artigos. Non recordo ben a súa resposta, pero veu dicir que non tiña ningún problema, que igual o problema o tiñan outros e que era bó discutir en liberdade. É o que hai...
Répondre
T
Escoiteino o día anterior nas mañáns da radio galega, onde novoa lle preguntou algo asi como se estaba disposto a entrar no "corpo a corpo" con outros escritores cos que se cruzou artigos. Non recordo ben a súa resposta, pero veu dicir que non tiña ningún problema, que igual o problema o tiñan outros e que era bó discutir en liberdade. É o que hai...
Répondre
J
Un 0,8%!!! E a canto nos sae cada unha desas oito décimas?
Répondre
P
A entrevista foi un delirio. A Caneiro (como lle acontecía a Barreiro Rivas, famoso por entrevistar, entre outros, a un gañador do Xerais que aguantou estoicamente que non lle deixara dicir dúas frases seguidas), gústalle demasiado escoitarse como para ser un bo entrevistador (algo que, como todo o mundo sabe, se aprende facendo entrevistas, non loas a Santiago Rey dende Verín).<br /> Por outra banda, ese ton solemne é demencial.Tivo un O'8% de share, o cal equivale a un número de persoas non moi superior á que vai fisicamente ao Luar.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 822
Publicité
Publicité